A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 4 de outubro de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 27 de setembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto único Debate anual de política xeral: Comparecencia do Sr. presidente da Xunta de Galicia, para informar e debater respecto da situación política da Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 16667, 10/DEBA-000001)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 178, do 20.09.2017
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente