Acordo da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 23 de febreiro de 2018

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 23 de febreiro de 2018, adoptou o seguinte acordo:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 20499 (10/PNC-001668)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e Quiroga Díaz, José Antonio
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co acceso dos gandeiros afectados polos incendios forestais ás axudas da política agrícola común
BOPG n.º 219, do 29.11.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que faga todas as xestións oportunas para que os gandeiros afectados polos lumes poidan seguir accedendo ás axudas coa totalidade da superficie para non ter que pechar a súa explotación debido á inviabilidade económica nun momento e situación excepcional."

Imaxes relacionadas