Logo do parlamento en forma de abanico Parlamento de Galicia

Parlamento de Galicia e ASPACE comprométense a colaborar na integración de persoas con discapacidade

Santiago, 16 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia e maila Federación de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (ASPACE Galicia) colaborarán na  realización de actividades de asesoramento e apoio á integración laboral de persoas con discapacidade.
 
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e mailo presidente da Federación ASPACE Galicia, Eulogio López Río, asinaron esta mañá un convenio de colaboración no que se establece o compromiso de colaboración.
 
O documento enmárcase na aposta do Parlamento de Galicia  pola integración das persoas con discapacidade.
 
A Federación ASPACE Galicia está especializada na atención a persoas con parálise cerebral e agrupa ás principais entidades da Comunidade Autónoma que traballan neste ámbito. As entidades que a integran contan con preto de 700 persoas asociadas, principalmente persoas con parálise cerebral, familiares e amigos; con máis de 250 profesionais e cerca de 25 voluntarios que traballan en 11 centros de atención directa.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas