saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 23.11.2018

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 23 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 38784 (10/PNC-003106)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 5 deputados/deputadas máis
Sobre a continuación pola Xunta de Galicia co impulso dos programas de mellora da raza rubia galega
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a seguir a potenciar os programas de mellora da raza rubia galega."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 39109 (10/PNC-003136)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 deputados/deputadas máis
Sobre a renovación polo Goberno galego do Programa de recollida de plástico agrícola, así como o establecemento dunha liña de axudas aos concellos de vocación agrícola-gandeira para a súa recollida e o acondicionamento dos puntos de depósito
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a estudar medidas para colaborar cos concellos na recollida e transporte dos plásticos usados de orixe agrícola."
 
 
 
- 39340 (10/PNC-003160)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 deputados/deputadas máis
 
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a execución da reestruturación parcelaria nas parroquias de Bamonde, Lampai, Lucí, Luou, Oza, Rarís, Teo e Vilariño, do concello de Teo
BOPG n.º 378, do 31.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que estude a posibilidade de iniciar os traballos de reestruturación parcelaria de Baamonde, Lampai, Luci, Luou, Oza, Rarís, Teo e Vilariño, así como de outras zonas que tamén o soliciten, cumprindo cos obxectivos da Lei 6/2011, de 13 de outubro de Mobilidade de terras e da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina