saltar ao contido

Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, do 27.11.2018

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 27 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 37603 (10/PNC-003019)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 6 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Ministerio de Educación da articulación, no marco do Pacto social e político pola educación, dun procedemento de acceso á universidade que garanta o mesmo nivel de exixencia nas probas de acceso e a igualdade de oportunidades para todos os alumnos, con independencia da comunidade autónoma onde residan
BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a dirixirse ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do goberno de España para que, dentro do marco do Pacto Social e Político pola Educación, se articule un procedemento de acceso á universidade no que as probas de acceso garanticen o mesmo nivel de esixencia e a igualdade de oportunidades para todos os alumnos independentemente de en que comunidade autónoma residan."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 36157 (10/PNC-002902)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coa iniciación do proceso de declaración da ponte de Cruzul, no concello de Becerreá, como "ben de interese cultural"
BOPG n.º 354, do 12.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galiza a adoptar as medidas necesarias diante do Goberno español para iniciar, no menor tempo posible, a declaración da Ponte de Cruzul (Concello de Becerreá) como Ben de Interese Cultural."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina