A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 18 de novembro de 2019, ás 10:00 hs., no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 12 de novembro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 (doc. núm. 57865, 10/PL-000019)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 550, do 19.10.2019
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 559, do 12.11.2019
Punto 2. Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 57866, 10/PL-000020)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 550, do 19.10.2019
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 559, do 12.11.2019
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente