A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 17 de xaneiro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 59462 (10/PNC-004748)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 5 máis
Sobre a demanda por parte do Goberno galego ao Goberno central da modificación do Real decreto de ordenación pesqueira co fin de posibilitar o rexistro e uso, como auxiliares da 4ª lista, dos buques destinados ao marisqueo ou á extracción de recursos específicos como o percebe, as algas e os ourizos, así como flexibilizar as baixas por caladoiro e modalidade para a entrada da nova capacidade
BOPG n.º 572, do 04.12.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central a modificación do Real Decreto de Ordenación Pesqueira de cara a:
1. Proceder a considerar e dar abeiro á posibilidade de poder rexistrar e empregar como auxiliares de 4ª lista os buques que se utilizan para o marisqueo ou a extracción de recursos específicos coma o percebe, algas, ourizos, a similitude dos buques auxiliares de coral, empregados de facto para achegar aos pescadores alí onde se encontra o recurso.
2. Flexibilizar as baixas por caladoiro e modalidade para a entrada de nova capacidade, buscando solucións á escaseza de baixas”.
Aprobación con modificacións
- 55006 (10/PNC-004357)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas posibles consecuencias, para o sector marítimo-pesqueiro de Galicia, da eventual saída do Reino Unido da Unión Europea
BOPG n.º 528, do 11.09.2019
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
- Solicitar do goberno Central una xuntanza na que:
• Se estableza a coordinación de esforzos e o intercambio de información sobre a vía de atención ás necesidades previstas ante a posible nova situación.
• Habilite e autorice aos portos de Celeiro, Burela e Ribeira para levar a cabo inspeccións en fronteira de produtos de orixe animal, ben sexa habilitando un PIF específico ou como centro asociado ao da Coruña.
• Se diten as instrucións pertinentes para exercer o posible control dos buques de bandeira británica que atraquen nestes peiraos, a través das patrullas ou unidades do Servizo Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil.
- Desenvolver, en colaboración co sector, un listado concreto e avaliable de ameazas e oportunidades consecuencia do Brexit para o sector da pesca en Galicia.
- Desenvolver dentro das súas competencias en materia de pesca, e a partir do estudo anterior, unha estratexia concreta, dotada orzamentariamente, para paliar e contrarrestar as ameazas que se determinen.
- Desenvolver unha proposta concreta, para defendela ante a administración do Estado e da UE, de cara a futura negociación dun acordo pesqueiro co Reino Unido que entre outras cuestións abordará o acceso as augas e o reparto de cotas. Esta proposta deberá ser elaborada con urxencia dado que está previsto que a negociación se inicie antes de xullo de 2020.
- Informar a este Parlamento dos traballos desenvoltos e as conclusións da comisión especial do brexit, que teoricamente puxo en marcha o Goberno do Estado e a Xunta de Galicia no mes de setembro, sobre a situación da pesca e a súa comercialización na comunidade autónoma tras a saída do Reino Unido da Unión Europea.”
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 40811 (10/PNC-003309)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a transferencia por parte do Goberno galego da titularidade do edificio da lonxa vella de Camariñas ao Concello
BOPG n.º 394, do 05.12.2018
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a colaborar co Concello de Camariñas para chegar a una cesión de uso do edificio da lonxa vella de Camariñas ao Concello, a solicitude do ente local".
- 58213 (10/PNC-004651)
Grupo Parlamentario Mixto
Casal Vidal, Francisco e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar a formación e protexer a saúde das mulleres redeiras, así como as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co recoñecemento do coeficiente redutor da idade de xubilación a este colectivo e a súa homologación coas mulleres mariscadoras
BOPG n.º 557, do 06.11.2019
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1.- Seguir desenvolvendo formación para as redeiras dentro do programa orzamentario 422K da Consellería do Mar
2.- Mellorar as instalacións nas que as redeiras realizan o seu traballo, para conseguir que as naves nas que realizan os traballos reúnan as condicións de salubridade comodidades mínimas.
3.- Dirixirse ao Goberno do Estado para realizar as modificacións no réxime especial de persoas traballadoras do mar establecendo o recoñecemento do coeficiente redutor para redeiras, así como a homologación das percebeiras e mariscadoras ao 0,15% nos termos sinalados polo Instituto Social da Mariña, para dar inicio conforme ao artigo 10 do Real Decreto 1698/2011.
4.- Reclamar do Goberno do Estado que este coeficiente redutor non implique incremento de cotas á Seguridade Social, sen que isto supoña unha redución da base de cotización.
5.-Eliminar, por parte do goberno do Estado, a condición do relevo xeracional imposta para a tramitación da modificación dos coeficientes redutores."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 50337 (10/PNC-004075)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co Plan de acción do marisqueo Galicia 2030
BOPG n.º 483, do 05.06.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a poñer a disposición dos distintos grupos parlamentarios o Plan de acción do marisqueo Galicia 2030, ao que se referiu na emenda rexistrada co número 50167, en data 27/05/2019, e sometelo a debate na Comisión 8ª."
- 60114 (10/PNC-004806)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Jove González, Xan Xosé e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a dotación dun dique de abrigo ao porto de Meloxo, no concello do Grove
BOPG n.º 581, do 23.12.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar, á maior brevidade posible, os traballos que permitan dotar a Porto Meloxo dun dique de abrigo. O proxecto debe elaborarse e executarse en base as determinacións técnicas que permitan que esta infraestrutura non afecte ás concesións marisqueiras da contorna."