A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 6 de novembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 1897 (11/PNC-000196)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co impulso da infraestrutura denominada "saída sur de Vigo"
BOPG n.º 19, do 22.09.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España o impulsodecidido á Saída Sur de Vigo, unha actuación estratéxica que ten acreditada a súa rendibilidade económica e social. A tal efecto, demandarlle o Executivo español un cronograma viable e realista para a tramitación e execución desta infraestrutura.”