Santiago, 14 de xullo de 2021.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reunise esta mañá no seu despacho da Cámara co cociñeiro José Andrés, fundador da ONG World Central Kitchen, pola que acaba de ser distinguido co Premio Princesa de Asturias da Concordia.
O presidente do Parlamento felicitou ao cociñeiro polo galardón que lle acaba de ser concedido e agradeceulle a colaboración prestada, a través da súa ONG, o pasado Nadal, para a elaboración e reparto de menús solidarios que se distribuíron a persoas e familias desfavorecidas no marco dun acordo entre a Cámara galega, a Consellería do Medio Rural e a Vicepresidencia primeira e Consellería da Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia empregando produtos de Mercaproximidade.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.