A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 19 de novembro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 24085 (11/PNC-002253)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre o traslado por parte da Xunta de Galicia ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación da petición de permiso para a plantación de patacas nos concellos cun número insignificante de couza guatemalteca
BOPG n.º 220, do 03.11.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que traslade ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a petición para que permita a plantación de patacas naqueles concellos cun número insignificante de positivos e delimitar as zonas de prohibición á parroquia ou parroquias afectadas pola couza guatemalteca.”