saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 1 de xuño de 2022

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 1 de xuño de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións

 
- 5195 (11/PNC-000618)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 9 máis
Sobre a reivindicación pola Xunta de Galicia ante o Goberno central dun compromiso firme cos proxectos de cooperación transfronteiriza en materia de infraestruturas estratéxicas
BOPG n.º 49, do 19.11.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
Reivindicar ante o Goberno de España un compromiso firme cos proxectos de cooperación transfronteiriza en materia de infraestruturas estratéxicas como a saída sur de Vigo, o trazado por territorio español do AVE Vigo-Porto ou a conexión internacional transfronteiriza entre Macedo de Cavaleiros e a Gudiña, psando por Vinhais".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina