saltar ao contido

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 12 de xullo de 2022

5.3 36638 (11/MOC-000108)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre os servizos de medicina interna (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 35511, publicada no BOPG núm. 328 do 8 de xuño de 2022, e debatida na sesión plenaria do 28 de xuño de 2022)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Realizar unha convocatoria extraordinaria, á maior brevidade, de prazas estables para facultativos especialistas en medicina interna que cubran parcialmente as demandas máis urxentes de persoal dos diferentes servizos de medicina interna de Galicia, con atención ás necesidades de cada área sanitaria.

2. Comprometer a convocatoria do máximo posible de prazas de especialista en medicina interna no sistema público de saúde de Galicia nas vindeiras 3 OPE que se convoquen.

 
3. Axilizar as accións necesarias para habilitar máis volume de prazas de formación en Galicia en acordo e diálogo co persoal titor, e solicitar ao goberno de España que amplíen o volume de prazas MIR para poder ofertar.

4.  Reforzar as ofertas para cubrir prazas nos hospitais comarcais, establecendo criterios de discriminación positiva baseados tanto nas propias condicións como nas vantaxes en futuros procedementos de desenvolvemento profesional, para garantir a presenza estable de profesionais nestes centros, facilitando a mellor calidade asistencial na vinculación profesional – paciente".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina