saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 9 de marzo de 2023

 

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 9 de marzo de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 50016 (11/PNC-004256)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar a dotación de ecógrafos intelixentes en atención primaria

BOPG n.º 458, do 22.02.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a mellorar a dotación de ecógrafos intelixentes en atención primaria, definindo ademais uns protocolos para o seu uso e un plan de formación para o persoal."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 49456 (11/PNC-004216)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade para garantir a cobertura da totalidade de prazas de pediatría no Hospital Comarcal de Verín

BOPG n.º 454, do 15.02.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta a Xunta da Través da Consellería de Sanidade a garantir a cobertura da totalidade de prazas de pediatría no Hospital comarcal de Verín."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina