4.1 11393 (11/PNP-001124)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 6 máis
Sobre o posicionamento do Parlamento de Galicia en relación co modelo lingüístico de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia reafirma o seu compromiso co marco lingüístico recollido na Constitución, no Estatuto de Autonomía, na Lei de Normalización Lingüística de Galicia, desenvolto no Plan Xeral de Normalización da Lingua galega e nos plans de dinamización da lingua galega no tecido socioeconómico e na mocidade; ao tempo que defende o modelo bilingüe para o galego e o castelán, xunto coa aprendizaxe de linguas estranxeiras, que regula o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia porque está a permitir asegurar no ámbito educativo plenas competencias en lingua galega do alumnado, tal e como manifesta".
4.6 52953 (11/PNP-004382)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que arranxe o firme das autoestradas A-6 e A-52 e para que estableza un plan de conservación das estradas da súa competencia en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 26.04.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que:
1º.- Proceda con toda a celeridade posible a arranxar o firme deteriorado das autoestradas A-6 e A-52 que son as principais vías de comunicación de Galicia e Meseta.
2ª- Estableza un plan de conservación anual de todas as estradas de competencia estatal en Galicia.
3º.- Cree un fondo extraordinario de mellora da rede de estradas do Estado en Galicia mobilizando orzamentos non executados nos últimos anos, para levar a cabo actuacións de reforma integral primando a seguridade viaria e priorizando aquelas vías e treitos con maiores índices de sinistralidade".
Saúdos, Gabinete de Comunicación.