30/04/2024
Santiago, 30 de abril de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, clausurou este mediodía en Ourense a III Xornada sobre promoción da saúde mental e prevención do suicidio nos corpos policiais e servizos de emerxencias en Galicia.
Santalices felicitou aos organizadores desta iniciativa -o Sindicato Unificado de Policía e a Asociación Unificada de Gardas Civís-, na medida en que a saúde mental e a prevención do suicidio constitúen “unha prioridade para o conxunto da sociedade e tamén para os seus servidores".
A xuízo do presidente do Parlamento, o primeiro paso para afrontar calquera problema pasa por “recoñecelo e falar del, como se fixo nesta xornada, con relatores de primeiro nivel".
Recordou Santalices que, no pasado, o a saúde mental e o suicidio foron un asunto “tabú" pero, “por fortuna, esa fase foi superada e hoxe dispoñemos dun sistema asistencial aberto, razoable e con recursos en aumento".
Saúdos, Gabinete de Comunicación.