saltar ao contido

Santalices destaca o “perfil de médico ilustrado” do doutor Carlos Guitián, membro da Escola Médica Compostelana

15/06/2024

 

  • O presidente do Parlamento lembrou o seu compromiso permanente coa  lingua e a súa terra

 

Ourense, 15 de xuño de 2024.-  O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou hoxe na homenaxe da Irmandade da Sanidade Galega ao doutor Carlos Guitián, membro da coñecida Escola Médica Compostelana da que formaron parte unha xeración de profesionais que destacaron pola súa vocación humanista.

 

Trala descuberta dunha placa homenaxe no que fora o seu domicilio ourensán, celebrouse un acto no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo no que Santalices lembrou o compromiso permanente de Guitián coa súa língua e a súa terra. “Personalizou coma ninguén o perfil de médico ilustrado", dixo.

 

O xefe do Lexislativo autonómico destacou tamén o carácter solidario do homenaxeado e a súa relación con referentes galeguistas como Ferro Couselo, Vázquez Monxardín, Salvador Rei, Blanco Amor ou Otero Pedrayo.

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina