saltar ao contido

A valedora do Pobo entrega ao presidente do Parlamento o Informe Ordinario de 2023

13/09/2024

Santiago, 13 de setembro de 2024.- A valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, fixo entrega hoxe ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, do Informe Ordinario elaborado por esta institución e correspondente ao exercicio de 2023.
 
Comeza, deste xeito, a tramitación parlamentaria do Informe, que posteriormente será cualificado pola Mesa da Cámara, continuará cunha comparecencia da valedora ante a Comisión de Peticións e rematará cunha comparecencia da valedora ante o Pleno do Parlamento de Galicia.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina