A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 21 de xuño de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 53219 (11/PNC-004573)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Salgado, Carlos e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para fomentar novas experiencias educativas e de intercambio lingüístico e cultural ente centros educativos galegos e portugueses
BOPG n.º 489, do 03.05.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a fomentar e desenvolver novas experiencias educativas e de intercambio lingüístico e cultural entre o alumnado e profesorado dos centros educativos galegos e portugueses, con especial atención a aqueles centros de concellos galegos limítrofes con outros do norte de Portugal."