saltar ao contido

Entregados no Parlamento de Galicia a Memoria 2023 do Consello de Contas e o informe de fiscalización das eleccións autonómicas

Santiago, 31 de xullo de 2024.-  O conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia (art. 8.3 da Lei 6/1985, do 24 de xuño), Juan Carlos Aladro, entregou hoxe no Parlamento de Galicia a memoria de actividades e as  contas correspondentes ao ano 2023 da institución, así como os seguintes informes que estarán dispoñibles no portal web da institución:

 

  • Informe de Fiscalización das contabilidades electorais. Eleccións ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro de 2024.
  • Informe de auditoría operativa da xestión dos novos medicamentos de terapia avanzada CAR-T. Implantación e impacto financeiro.
  • Informe do contrato de concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Saúdos, Gabinete de Comunicación





Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina