saltar ao contido

Santalices: “Emilia Pardo Bazán foi unha muller adiantada ao seu tempo”

<div class="ExternalClass30A2F805058B465D8CC2BD2A15DD9EAA"><p> </p></div>
<p class='clearfix'></p>

Presentación do libro "Emilia Pardo Bazán e Galicia" 15/03/2022

• O presidente do Parlamento de Galicia participou esta tarde na presentación do libro Emilia Pardo Bazán e Galicia, do que é autor José María Paz Gago

Santiago, 15 de abril de 2022.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, interveu esta tarde no acto de presentación do libro Emilia Pardo Bazán e Galicia, obra do profesor José María Paz Gago, editada por Hércules Ediciones.

Santalices trasladou os seus parabéns a autor e editorial pola obra, a cal cualificou de amena e rigorosa. Dela dixo que “achega unha visión innovadora sobre a obra de Emilia Pardo Bazán no epílogo do centenario do falecemento da autora”.

A este centenario do seu pasamento xa se sumara hai uns meses o Parlamento de Galicia, patrocinando, canda a Real Academia Galega, a edición en galego dun dos máis notables ensaios feministas de Dona Emilia, A educación do home e da muller, xunto a outros artigos da mesma temática.

Para Santalices, as diferentes actividades organizadas con ocasión do centenario do pasamento de Pardo Bazán, así como as numerosas publicacións que acompañaron e acompañan esta celebración –entre as que se atopa o libro que hoxe foi presentado- “han de contribuír a recuperar a redescubrir a inmensidade da súa obra.”

Unha muller adiantada ao seu tempo

Emilia Pardo Bazán “foi unha feminista convencida desde un ideario sorprendentemente actual baseado na igualdade de oportunidades na educación, a igualdade de oportunidades laborais para acadar a independencia económica do home e a igualdade sexual” subliñou Santalices, de acordo ao recollido polo autor da obra, Paz Gago.

Destacou igualmente o presidente do Parlamento de Galicia a figura de Pardo Bazán como “unha muller iconoclasta, do que ofreceu repetidas mostras na esfera persoal e pública ao longo da súa vida; unha muller caracterizada por unha insaciable sede de coñecemento e unha aguda capacidade de observación e análise nas mais variadas ordes da vida; unha muller, con independencia do valor da súa obra literaria, adiantada ao seu tempo”.

Un enfoque diferente da obra de Pardo Bazán

Do libro de Paz Gago resaltou que “achéganos a obra de Pardo Bazán desde un enfoque diferente”, entre o que salientou tres aspectos: a galeguidade que impregna a obra literaria de Emilia Pardo Bazán; a súa condición de divulgadora entusiasta do potencial turístico e económico de Galicia, incluído o fenómeno Xacobeo, “hoxe felizmente recuperado, convertido en fronte de riqueza e elemento de promoción externa da Comunidade”;  e a relación de Pardo Bazán con Rosalía de Castro, ao reivindicar a escritora coruñesa como a primeira impulsora do proceso de canonización literaria da poetisa de Padrón.

Para terminar, Santalices desexou que a obra sexa ben recibida “non só no mundo académico, senón tamén entre o gran público que en pleno século XXI está a redescubrir o universo literario e persoal de Dona Emilia Pardo Bazán”.

A presentación celebrouse no Museo do Pobo Galego e contou coa intervención do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, Román Rodríguez; a actriz Isabel Blanco; a editora da obra, Laura Rodríguez; o autor do libro, José María Paz Gago.

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina