03/10/2023
Santiago, 3 de outubro de 2023.- Unha delegación do Aeródromo Militar de Santiago de Compostela, presidida polo coronel Miguel Ángel Paredes Marín, visitou este martes o Parlamento de Galicia, onde tiveron ocasión de departir co titular da institución, Miguel Ángel Santalices Vieira.
O presidente do Parlamento recordou que antes de albergar a sede do Parlamento de Galicia, o Pazo do Hórreo foi, durante décadas, un cuartel militar que, unha vez rehabilitado, pasou a albergar o poder lexislativo galego. Santalices Vieira explicou aos visitantes o funcionamento da Cámara galega e o papel fundamental que desempeñan os parlamentos en calquera democracia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.