12/04/2024
Santiago, 12 de abril de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Veira, recibiu este venres no seu despacho á alcaldesa do Distrito Nacional (capital da República Dominicana), Rosa Carolina Mejía López, que acudiu acompañada polo cónsul honorario da República Dominicana na Coruña, Emilio Vicente Pérez.
Santalices Vieira explicou á alcaldesa a historia e o funcionamento do Parlamento de Galicia, e tamén a estratexia que está a seguir a Cámara galega para incrementar o seu coñecemento entre a cidadanía.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.