02/04/2024
Santiago, 2 de abril de 2024.- Unha vez concluída a rolda de contactos cos representantes dos partidos políticos con representación parlamentaria, o presidente do Parlamento de Galicia proporá a Alfonso Rueda Valenzuela como candidato á Presidencia da Xunta.
Santalices Vieira trasladará formalmente esta decisión a Alfonso Rueda Valenzuela nunha reunión que se celebrará mañá mércores na sede da Cámara galega.
Coa rolda de contactos celebrada na mañá deste martes dase cumprimento ao establecido no artigo 136.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia e comeza o procedemento para a investidura de Rueda Valenzuela como presidente da Xunta.
Unha vez constatado que Alfonso Rueda conta co apoio maioritario da Cámara (40 deputados/as do Grupo Parlamentario Popular), o presidente do Parlamento convocará a Mesa e Xunta de Portavoces para trasladar o resultado da rolda de consultas e convocar o debate de investidura que se celebrará os días 9 e 11 de abril.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.