saltar ao contido

Santalices traslada a Alfonso Rueda o resultado da rolda de consultas cos partidos políticos

03/04/2024

  • O presidente do Parlamento de Galicia continúa os trámites relacionados coa sesión de investidura, que será convocada nunha sesión da Xunta de Portavoces prevista para mañá xoves

 

 

Santiago, 3 de abril de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara a Alfonso Rueda Valenzuela, ao que propuxo formalmente como candidato á Presidencia da Xunta, unha vez celebrada a rolda de consultas coas forzas políticas con representación parlamentaria.

 

Constatou Santalices que Alfonso Rueda conta co apoio maioritario da Cámara (40 deputados/as do Grupo Parlamentario Popular) polo que o debate de investidura, previsto para os días 9 e 11 de abril, será convocado pola Mesa e Xunta de Portavoces prevista para mañá xoves.

 

Coa rolda de contactos celebrada na mañá deste martes e a comunicación formal da candidatura a Alfonso Rueda Valenzuela dase cumprimento ao establecido no artigo 136.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia e continúa o procedemento para a investidura do presidente da Xunta.

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación. ​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina