saltar ao contido

O presidente do Parlamento reivindica a superación dos estigmas sociais sobre a saúde mental

05/10/2023

  • Santalices incidiu, no webinar Salud  mental de nuestros mayores en Galicia, no especial coidado que se debe ter en “evitar que se empreguen, fóra de contexto, expresións relacionadas coa saúde mental".​

Santiago, 04 de outubro de 2023 - O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira asistiu, hoxe en Vigo, ó webinar organizado por ASOMEGA (Asociación de Médicos Galegos) sobre Salud  mental de nuestros mayores en Galicia.

 

Unha xornada de reflexión con expertos do ámbito da saúde mental na que o Presidente, ademais de subliñar a funcionalidade do formato webinar, que combina presencialidade con retransmisión en streaming, “para poder chegar a profesionais de todo o mundo", destacou a importancia de tratar este “asunto de máxima actualidade: a saúde mental dos maiores de Galicia".

 

Santalices, quixo falar tamén do “estado de benestar no que a universalización da sanidade xogou e xoga un papel determinante" para xustificar a “feliz realidade do envellecemento da poboación, consecuencia do incremento exponencial da esperanza de vida".

 

Para o Presidente do Parlamento, “falar de saúde mental é sempre interesante e, por suposto necesario, para superar definitivamente algúns estigmas sociais que aínda hoxe acompañan estas patoloxías". Ademais, subliña, que, él mesmo, sempre tivo “un especial coidado en evitar que se empreguen, fóra de contexto, expresións relacionadas coa saúde mental" e conclúe, incidindo en que esta tarefa, “é unha tarefa colectiva" que está dando e dará os seus froitos “se todos nos esforzamos na mesma dirección".


 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina