saltar ao contido

O presidente do Parlamento participa na inauguración do Congreso de Historia da Veterinaria que se celebra en Ourense

06/10/2023

  • Agradece o traballo dos profesionais veterinarios, que contribúen a  facer de Galicia unha potencia no sector alimentario

 

 

Santiago, 6 de outubro de 2023.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou este mediodía no acto inaugural do XXXVIII Congreso Nacional e XIX Congreso Iberoamericano que se celebra en Ourense desde hoxe ata o vindeiro 8 de outubro.

 

Santalices Vieira agradeceu aos organizadores que escollesen Ourense como sede deste Congreso, ao tempo que subliñou que Galicia conta con excelentes profesionais e unha Facultade de Veterinaria que “é un referente para o sector, e tamén un orgullo para as galegas e galegos".

Nesta liña, apuntou que Galicia “é unha potencia no sector alimentario" grazas a profesionais como os veterinarios, garantes da sanidade animal e da seguridade e o control de todos os procesos, contribuíndo a afianzar a crecente calidade dos produtos galegos.

 

Recordou que a actual sede do Parlamento de Galicia, o Pazo do Hórreo, foi construído inicialmente para albergar unha escola de veterinaria, que funcionou como tal nestas instalacións entre 1915 e 1924.

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina