16/10/2023
Santiago, 16 de outubro de 2023.- A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o Informe ordinario da institución correspondente ao exercicio de 2022.
Coa entrega do Informe da Valedora do Pobo ao Parlamento de Galicia. Ano 2022, iniciase a tramitación parlamentaria do documento, que previsiblemente será cualificado pola Mesa da Cámara desta martes, continuará cunha comparecencia da valedora ante a Comisión de Peticións e rematará cunha comparacencia da valedora ante o Pleno do Parlamento de Galicia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.