Santiago, 7 de maio de 2024.- Un grupo de alumnos e alumnas gañadores do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia 2024, convocado pola Deputación de Ourense, visitou este martes o Parlamento de Galicia, onde mantiveron un encontro co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
O premio foi entregado o pasado 5 de abril, na véspera do 43 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Resultaron gañadores 45 alumnos e alumnas, seleccionados entre os 436 traballos presentados nas categorías de redacción e debuxo baixo o lema “A defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego".
Saúdos, Gabinete de Comunicación.