saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 8 de maio de 2024

 

 

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 8 de maio de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 1175 (12/PNC-000119)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 14 máis

Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno central co obxecto de que promova as modificacións legais pertinentes para considerar que a actividade das forzas e corpos de seguridade do Estado constitúen unha profesión de risco, así como respecto da proposta de resolución que se presenta en referencia a esta mesma materia

BOPG n.º 9, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 12 votos a favor e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia:

1º- Acorda, como resolución, declarar o seu apoio á lexítima demanda dos membros da Garda Civil e da Policía Nacional (incluída os integrantes da Unidade Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia) de ser considerados Profesión de Risco

2º- Insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que:

a) realice as modificacións legais pertinentes para que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado gocen da consideración de Profesión de Risco, tanto a nivel estatal como europeo.

b) promova as modificacións legais pertinentes para que os funcionarios de Vixilancia aduaneira gocen tamén da consideración de Profesión de Risco."

 

- 1192 (12/PNC-000125)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 14 máis

Sobre determinadas demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central e a proposta de resolución que se presenta en materia de municipalismo e de defensa da dignidade dos representantes municipais

BOPG n.º 9, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 2 votos en contra e 6 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia:

1º- Acorda como Resolución, reprobar as palabras pronunciadas polo presidente do Goberno no Congreso dos Deputados na súa sesión do 13 de marzo pasado coas que demostra a seu menosprezo ao municipalismo e aos miles de concelleiros cuxo traballo infravalorou e ínstalle a retractarse publicamente

2º- Insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España unha cambio na súa política contra o municipalismo e que cumpra cos seus compromisos e responsabilidades como son: garantir un adecuado sistema de financiamento local, a aprobación do estatuto do pequeno municipio, un apoio real ao mundo rural e unha adecuada repartición dos fondos europeos entre as Entidades Locais."

 

Rexeitamento da iniciativa

 

- 1020 (12/PNC-000096)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Castro Rey, Paloma e Iglesias Rey, Patricia

Sobre determinadas medidas que debe adoptar o Goberno galego no que concirne á loita contra o narcotráfico e á atención á drogodependencia

BOPG n.º 12f2, do 17.04.2024

 

Sométese a votación e resulta rexeitada por 8 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.

 

Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento

Elección membros da Mesa

 

Elección de presidente

 

-  (12/CEEM-000017)

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

Julio García Comesaña

 

Elección de vicepresidente

 

-  (12/CEEM-000018)

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

Paula Prado del Río

 

 

 

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

 

María Montserrat Prado Cores

Vicepresidenta 2.ª​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina