Rojo Noguera continúa, deste xeito, a rolda de reunións con diferentes entidades na procura dunha maior proxección da Camara, pero tamén para facilitar o traballo político cotiá
Santiago, 15 de xuño de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, reuniu hoxe na Cámara ao Valedor do Pobo, Benigno López, e aos integrantes da Mesa e a Xunta de Portavoces, dentro da rolda de encontros que está a convocar na sede do lexislativo galego.
Con estas xuntanzas –seguidas dun xantar servido pola propia cafetería do Parlamento-, Rojo Noguera procura unha maior proxección da institución parlamentaria, ao tempo que aspira a favorecer o entendemento e a interloción entre as diferentes forzas políticas e as principiais institucións e entidades de Galicia.
O encontro organizado hoxe co Valedor do Pobo pretende non só explorar posibles vías para mellorar a coordinación entre o poder lexislativo e o Valedor do Pobo, na súa condición de alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades, senón tamén propiciar unha maior fluidez e cordialidade no traballo parlamentario.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.