A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 22 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 40195 (10/PNC-003245)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto dos trámites administrativos que teñen que realizar os concellos en relación coa limpeza e conservación das fincas e faixas de protección dos núcleos de poboación, así como os traballos técnicos de redacción e elaboración dos planos que delimitarán esas faixas de protección
BOPG n.º 386, do 21.11.2018
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1.- Impulsar os mecanismos necesarios para que os concellos de Galicia, especialmente os máis pequenos, poidan realizar axeitadamente todos os trámites administrativos que teñen que ver coa limpeza e conservación tanto das fincas como das faixas de protección.
2.-Colaborar cos concellos galegos nos traballos técnicos de redacción e elaboración dos planos que delimitarán as faixas de protección nos diferentes núcleos de poboación."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 41682 (10/PNC-003396)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa etiquetaxe do mel
BOPG n.º 400, do 18.12.2018
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta a trasladar ao Goberno do Estado o seguinte:
-Na etiquetaxe do mel indicaranse de forma obrigatoria o país de orixe do produto e as porcentaxes de mestura, no caso de que proceda de varios países.
-Indicarase tamén se se trata dun mel sometido a un proceso de quecemento por riba dos 45ºC."