3.2 40520 (10/PNP-003045)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 6 máis
Sobre o inicio polo Goberno galego, no ano 2019, da contratación dos proxectos construtivos, así como da redacción do informe de impacto ambiental, do treito A Pobra de San Xiao-Nadela da vía de altas prestacións Lugo-Monforte de Lemos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 390, do 28.11.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a iniciar a contratación no ano 2019 dos proxectos construtivos e de impacto ambiental do treito A Pobra de San Xiao-Nadela a fin de avanzar de forma definitiva no total desdobramento desta infraestrutura, tendo presente o desdobramento futuro do tramo Sarria-Monforte, a abordar unha vez que se vaia materializando o tramo Sarria-Lugo”.
3.5 48340 (10/PNP-003658)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de garantir o abastecemento de auga á poboación diante de posibles situacións de seca
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 09.04.2019
O texto aprobado é o seguinte:
1.- Demandar dos concellos a elaboración dos plans de emerxencia ante situacións de seca e levar a cabo as actuacións necesarias na rede municipal de abastecemento ao obxecto de solucionar os problemas existentes e evitar a perda de auga en rede, en aras de estar mellor preparados ante posibles situacións de diminución dos recursos hídricos dispoñibles.
2.- Instar ás Deputacións Provinciais a que presten apoio a aqueles municipios que carezan de recursos técnicos e económicos para a realización dos plans de emerxencia ante situacións de seca.
3.- Prestar asesoramento e apoio cando así sexa requirido por parte das administracións locais na elaboración dos seus respectivos plans de emerxencia ante situacións de seca.
4.- Exercer un labor de coordinación entre os plans de emerxencia municipais e o Plan de seca da demarcación hidrográfica Galicia Costa elaborado pola Administración hidráulica galega”.
3.7 49026 (10/PNP-003703)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a elaboración e presentación polo Goberno galego no Parlamento de Galicia dun informe referido ás denuncias ou queixas presentadas nos últimos seis anos por dificultar o uso das linguas oficiais de Galicia, o tipo de resposta ofrecida e as medidas adoptadas ao respecto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 463, do 17.04.2019
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, no prazo máximo de tres meses, elabore e presente en sede parlamentaria un informe no que se detalle o número de denuncias ou queixas presentadas nos últimos seis anos ante os servizos competentes por dificultar o uso dalgunha das linguas oficiais de Galicia por parte de administracións ou entidades públicas situadas en Galicia incluídos os órganos xudiciais, e das empresas e servizos privados, o tipo de resposta ofrecido e, no seu caso, as medidas adoptadas para reparar a vulneración do dereito dos cidadáns á libre elección de lingua”.