A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 4 de setembro de 2019, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en comisión
Aprobación sen modificacións
- 44556 (10/PNC-003574)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Novo Fariña, María Isabel e seis deputados/as máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central co fin de cubrir as vacantes na Unidade de Policía Adscrita a Galicia e de incrementar os seus efectivos ata un mínimo de catrocentos setenta e cinco
BOPG nº 422, do 30.01.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 1 votos en contra e 1 abstención.
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno do Estado que por parte do Ministerio do Interior, a través da Dirección Xeral da Policía, se articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita para incrementar canto menos ata 475 os seus efectivos, de xeito que esta unidade poida cumprir coas función que actualmente está prestando.»