saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 5 de xullo de 2023

 

 

4.3    54255 (11/PNP-004507)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 6 máis

Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España no que atinxe á planificación da rede de transporte eléctrica

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 506, do 14.06.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que ofreza certezas coa aprobación da modificación da planificación eléctrica da rede de transporte para dar viabilidade técnica a proxectos estratéxicos como os de Stellantis, Altri, Forestal del Atlántico, Ignis, Resonac ou Fisterra Energy".

        

 

4.6    54496 (11/PNP-004526)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis

Sobre as medidas que a Xunta de Galicia debe demandarlle ao Goberno de España dirixidas a acabar cos déficits de persoal facultativo na especialidade de medicina familiar e comunitaria

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España:

 

1. Que reforme o sistema de elección de prazas de formación sanitaria especializada para a convocatoria do ano 2024, garantindo ás persoas

aspirantes un coñecemento en tempo real das prazas dispoñibles e eliminando a nota de corte que limita o acceso de titulados á formación dunhas prazas para especialidades nas que o Sistema Nacional de Salud necesita novos profesionais.

 

2. Que acelere a tramitación da creación do Título en Especialista de Urxencias e Emerxencias para que se poidan incluír pazas formativas da devandita especialidade na oferta de formación sanitaria especializada de 2024 e evitar así obrigar aos aspirantes que queiran traballar nas urxencias a ocupar prazas formativas na especialidade de medicina familiar.

 

3. Que remate a trámite da nova normativa de requisitos de acreditación de unidades docentes na especialidade de medicina de familia, flexibilizando os mesmos tal e como estaba comprometido desde o ano 2018, para que eses novos requisitos estean vixentes ante a convocatoria de formación sanitaria especializada de 2024.

 

4. Que facilite os trámites oportunos para que, nestas novas condicións, poidan acreditarse e ofertarse ata 1.000 prazas formativas de medicina de familia máis en toda España, para o que cómpre facer posible a ampliación sobrevida da oferta de formación sanitaria especializada a medida que se acrediten novas prazas.

 

5. Que tome as medidas para facer operativo e manter completo e actualizado o Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios, de xeito que poda servir como instrumento útil para planificar no futuro as necesidades de formación de especialistas no Sistema Nacional de Saúde."

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina