saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 14 de xullo de 2023

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 14 de xullo de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 54251 (11/PNC-004667)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 6 máis

Sobre as accións que a Xunta de Galicia debe levar a cabo ante as demandas do sector industrial con instalacións de coxeración respecto da actualización da súa regulación

BOPG n.º 506, do 14.06.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para solicitarlle que aprobe, con carácter inmediato, a orde coa metodoloxía para actualizar a retribución á operación das instalacións de coxeración, tendo en conta as achegas realizas tanto pola administración autonómica como polo sector industrial que fai uso desta tecnoloxía."

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 53939 (11/PNC-004634)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis

Sobre determinadas medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para loitar contra o aumento da delincuencia asociada ás novas tecnoloxías

BOPG n.º 502, do 07.06.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

A) Dar cumprimento da resolución aprobada por unanimidade na Comisión 6ª o 24 de febreiro de 2022 que recollía:

“1. Elaborar medidas en ciberseguridade para as Pemes galegas en colaboración coas diferentes administracións responsables con capacidade e competencias para facer fronte á ciberdelicuencia.

2. Elaborar medidas en ciberseguridade para os pequenos concellos en colaboración coas diferentes administracións responsables con capacidade e competencias para facer fronte á ciberdelicuencia.

3. Incorporar na Estratexia galega de ciberseguridade plans de formación contando co tecido empresarial e coas universidades e sensibilizar na educación secundaria sobre as saídas laborais en ciberseguridade."

B) Realizar unha campaña dirixida a toda a sociedade galega para previr os ciberataques e atallar a ciberdelincuencia e, nomeadamente, acadar a concienciación dos cargos públicos e da dirección de empresas na necesidade de ser proactivos nesta problemática."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 54256 (11/PNC-004669)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 6 máis

Sobre determinadas medidas que a Xunta de Galicia debe reclamar ao Goberno do Estado canto á política de axudas á industria electrointensiva

BOPG n.º 506, do 14.06.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España que:

1.- Incremente a dotación presupuestaria máxima permitida pola normativa europea para a compensación dos custos de CO2 da industria electrointensiva

2.- Acelere a aprobación das convocatorias do PERTE anunciado para á descarbonización da industria electrointensiva."

 

- 54649 (11/PNC-004705)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

González Iglesias, Carmela e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da situación en que se atopa a negociación do convenio colectivo do sector do metal da provincia de Pontevedra

BOPG n.º 514, do 28.06.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a implicarse de maneira activa e decidida para desbloquear a negociación do convenio colectivo do sector do metal da provincia de Pontevedra co obxectivo de garantir a mellora das condicións laborais e salariais dos traballadores e traballadoras. Para isto, o Goberno galego convocará de maneira inmediata a todas as partes (organizacións sindicais e patronal) a unha mesa de diálogo."

 

Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento

Elección membros da Mesa

 

Elección de presidente

 

-  (11/CEEM-000047)

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Elección de Presidente da Comisión

 

D. Moisés Rodríguez Pérez (P)

 

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2023


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina