Santiago, 26 de xullo de 2023.- O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández, entregou este mércores ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2022, aprobada por unanimidade polo Pleno do CES-Galicia. No encontro tamén participou o representante da comisión sectorial encargada da redacción desta memoria e representante da CEG no Consello, José Antonio Neira Cortés, e mailo secretario xeral do CES Galicia, Manuel Martínez Varela.
A memoria do CES estrutúrase en cinco capítulos principais que se ocupan do panorama económico; do mercado de traballo e as relacións laborais; do dinamismo do tecido produtivo; da calidade de vida e o benestar social; e dos recursos e capacidades para o desenvolvemento. Esta análise tamén aborda asuntos como a evolución demográfica, a actividade e o emprego, a estrutura produtiva, a saúde, a pobreza, a cultura, o medio ambiente, a formación ou a investigación e tecnoloxía.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.