saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 12 de setembro de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 12 de setembro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de setembro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto Preliminar.

 

 Prestación de promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de Autonomía de Galicia do novo deputado D. José Luis Regueiro Fernández e da nova deputada Dª Sandra Vilela Riveiro.
  
Punto 1.Textos Lexislativos
  
1.1Debate de toma en consideración da Proposición de lei, para remitir ao Congreso dos Deputados, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 54710, 11/PPLC-000008)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 515, do 29.06.2023
  
1.2Debate de toma en consideración da Proposición de lei, para remitir ao Congreso dos Deputados, do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 54794, 11/PPLC-000009)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 515, do 29.06.2023
  
Punto 2.Comparecencia
  
2.154638 (11/CPP-000132)
 Do conselleiro do Mar, por petición propia, para informar das previsións e das liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023
  
Punto 3.Mocións
  
3.155234 (11/MOC-000170)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre a política de recursos humanos no Servizo Galego de Saúde (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 54463, publicada no BOPG núm. 510 do 21 de xuño de 2023, e debatida na sesión plenaria do 4 de xullo de 2023)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 523, do 12.07.2023
  
3.255235 (11/MOC-000171)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo
 Sobre a política do Goberno galego en relación co transporte público por estrada (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 5627, publicada no BOPG núm. 52 do 25 de novembro de 2020, e debatida na sesión plenaria do 4 de xullo de 2023)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 523, do 12.07.2023
  
3.355236 (11/MOC-000172)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Aira Díaz, María del Carmen
 Sobre a política de investigación para afrontar a seca derivada do cambio climático (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 55835, publicada no BOPG núm. 499 do 31 de maio de 2023, e debatida na sesión plenaria do 4 de xullo de 2023)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 523, do 12.07.2023
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.148705 (11/PNP-004035)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pardo López, Adrián e 7 máis
 Sobre o compromiso do Parlamento de Galicia na defensa da Constitución de 1978 e na defensa da independencia do poder xudicial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023
  
4.250612 (11/PNP-004179)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para impulsar e promover a igualdade real entre os homes e as mulleres dentro do ámbito do deporte
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023
  
4.353570 (11/PNP-004445)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para potenciar a investigación no eido da medicina xenómica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 494, do 16.05.2023
  
4.457772 (11/PNP-004657)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia e Díaz Varela, Noa Susana
 Sobre medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia no que atinxe á cobertura docente dos centros de ensino para o vindeiro curso 2023-2024
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023
  
4.557782 (11/PNP-004659)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes e Castro García, Daniel
 Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para que apoie a proposta de utilización das linguas cooficiais, nomeadamente o galego, nas intervencións das deputadas e dos deputados galegos no Congreso dos Deputados
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023
  
4.658079 (11/PNP-004673)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Davila, María Cristina e 2 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para que as familias galegas poidan facer fronte  no inicio do curso aos gastos en libros de texto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.157411 (11/INT-002683)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
 Sobre os servizos de inspección da Consellería de Política Social e Xuventude
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 547, do 21.08.2023
  
5.257593 (11/INT-002686)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a programación das inspeccións aos centros de atención residencial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 551, do 25.08.2023
  
5.358114 (11/INT-002710)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
 Sobre a situación da asistencia sanitaria na atención primaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
6.158957 (11/POPX-000115)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre a valoración que fai do inicio do curso escolar
  
6.258960 (11/POPX-000116)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre as actuacións que ten previstas para impulsar o autogoberno de Galicia
  
Punto 7.Preguntas ao Goberno
  
7.156262 (11/POP-008635)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Freire Vázquez, María Begoña e 7 máis
 Sobre as vías articuladas polo Goberno galego para ampliar o parque de vivenda pública e protexida en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 539, do 07.08.2023
  
7.257166 (11/POP-008948)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego da xestión integral da auga
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 548, do 22.08.2023
  
7.357587 (11/POP-009148)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
 Sobre a exclusión de Galicia, así como do conxunto do itinerario noroeste do Corredor Atlántico, do órgano xestor encargado de coordinar o transporte ferroviario europeo de mercadorías
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 551, do 25.08.2023

 

7.458932 (11/PUP-000354)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes
 Sobre a dotación docente e de unidades que necesita o CPI Castro Baxoi, de Miño, para manter unha oferta educativa de calidade
  
7.557963 (11/POP-009185)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Lourenzo Moura, Diego e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia en relación coa situación que se produce tras a xubilación da facultativa que atendía no consultorio de Albarellos, no concello de Monterrei
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 553, do 31.08.2023

 

7.658282 (11/POP-009248)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 17 máis
 Sobre as externalizacións do Sergas para a prestación dun servizo que se recolle na carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde, como é o aborto
 

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 553, do 31.08.2023

 

7.758927 (11/PUP-000353)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e 2 máis
 

Sobre a contratación por parte da Consellería de Sanidade de centros privados para prestar o servizo de interrupción voluntaria do embarazo

 

7.854634 (11/POP-009291)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 7 máis
 Sobre as políticas impulsadas en Galicia en materia de prevención e de loita contra a violencia de xénero nos últimos anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023
  
7.958069 (11/POP-009197)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
 Sobre as previsións do Goberno galego ante as dificultades que encontran os concellos para subscribir os convenios de colaboración de brigadas contra os incendios forestais por falta de persoal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 553, do 31.08.2023

 

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2023

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina