saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 26 de setembro de 2023


A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 26 de setembro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 19 de setembro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Texto lexislativo
  
1.1Debate de toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativa popular, para a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión (doc. núm. 44429, 11/PPLI-000005)
 Publicación da admisión a trámite e constitución da Comisión Promotora, BOPG n.º 420, do 14.12.2022
 Publicación da Proposición de lei, BOPG n.º 506, do 14.06.2023
  
Punto 2.Comparecencias
  
2.159971 (11/CPP-000139)
 

Do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por petición propia, para informar do inicio do curso 2023-24 no ensino non universitario de Galicia

 

Acumúlase na anterior a seguinte:

 

2.258930 (11/CPP-000137)
 Do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por petición dos 19 deputados e deputadas do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para informar da dotación docente, do número de centros e unidades e da situación da educación pública en xeral neste inicio de curso
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 557, do 07.09.2023
  
Punto 3.Mocións
  
3.159873 (11/MOC-000173)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago
 Sobre os servizos de inspección da Consellería de Política Social e Xuventude (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 57411, publicada no BOPG núm. 547, do 21 de agosto de 2023, e debatida na sesión plenaria do 12 de setembro de 2023)
  
3.259886 (11/MOC-000174)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre a situación da asistencia sanitaria na atención primaria (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 58114, publicada no BOPG núm. 552, do 30 de agosto de 2023, e debatida na sesión plenaria do 12 de setembro de 2023)
  
3.359901 (11/MOC-000175)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina
 Sobre a programación das inspeccións aos centros de atención residencial (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 57593, publicada no BOPG núm. 551, do 25 de agosto de 2023, e debatida na sesión plenaria do 12 de setembro de 2023)
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.143087 (11/PNP-003664)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para evitar a concentración e o aumento de vivenda de uso turístico en determinadas áreas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 404, do 03.11.2022
  
4.253819 (11/PNP-004459)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ojea Arias, Eduardo e Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de construción de vivendas públicas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 499, do 31.05.2023
  
4.354671 (11/PNP-004542)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
 Sobre o impulso por parte do Goberno galego de determinadas medidas para afrontar a actual situación do desemprego en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 514, do 28.06.2023
  
4.457583 (11/PNP-004637)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
 Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ante o Goberno central para que adopte as medidas oportunas diante das autoridades europeas co obxecto de que o itinerario noroeste do Corredor Atlántico non sexa excluído do mapa deseñado para a posta en marcha do órgano xestor da futura rede ferroviaria europea de mercadorías
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 551, do 25.08.2023
  
4.558090 (11/PNP-004675)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sanz Arias, Cristina e 6 máis
 Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe realizar ao Goberno central co obxecto de que adopte as medidas axeitadas para as necesidades do desenvolvemento da industria electrointensiva
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023
  
4.658158 (11/PNP-004685)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia co obxecto de impulsar a modernización do transporte ferroviario de mercadorías e a integración de Galicia nos plans europeos para o Corredor Atlántico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.157741 (11/INT-002694)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
 Sobre o impacto da evolución actual da inflación na economía galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023
  
5.258829 (11/INT-002741)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e Ojea Arias, Eduardo
 Sobre a incidencia das actuacións autonómicas nos atrasos das infraestruturas estatais en construción en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 561, do 13.09.2023
  
5.359054 (11/INT-002747)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre a política fiscal que vén desenvolvendo o Goberno galego
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 561, do 13.09.2023

 

Punto 6.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
6.159967 (11/POPX-000117)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre as medidas que pensa adoptar o Goberno galego para axudar as familias a lles faceren fronte ás súas necesidades
  
6.259970 (11/POPX-000118)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre as solucións que prevé o Goberno galego contra a crise de prezos
  
Punto 7.Preguntas ao Goberno
  
7.156349 (11/POP-008659)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Freire Vázquez, María Begoña e 6 máis
 Sobre as medidas que está a adoptar o Goberno galego para controlar as poboacións de xabarín en zonas urbanas e periurbanas
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 540, do 08.08.2023

 

7.259003 (11/POP-009297)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación coas verteduras contaminantes da mina de San Fins, en Lousame
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 561, do 13.09.2023
7.356721 (11/POP-008783)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia no que atinxe ao cumprimento pola empresa concesionaria de autobuses da liña Vigo-Baiona dos horarios estipulados
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 543, do 11.08.2023

 

7.459968 (11/PUP-000362)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
 Sobre a información actualizada de que dispón a Xunta de Galicia respecto dos prazos para o funcionamento dos trens AVRIL en Galicia
  
7.557702 (11/POP-009165)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
 Sobre o estudo da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia no que se constata que non rebaixar o IVE dos produtos do mar está a impactar negativamente no seu consumo
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 553, do 31.08.2023

 

7.659954 (11/PUP-000361)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia respecto da congruencia da defensa da cultura galega co rexeitamento do uso no Congreso dos Deputados do idioma galego
  
7.758480 (11/POP-009259)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia e 2 máis
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para favorecer a emancipación da mocidade galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 557, do 07.09.2023
  
7.859254 (11/POP-009325)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre as actuacións que prevé pór en marcha a Xunta e Galicia para garantir a actividade e o emprego na empresa Celsa Atlántic Laracha ante o proceso de reestruturación do grupo do que forma parte
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 561, do 13.09.2023
  
7.959941 (11/PUP-000360)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Aira Díaz, María del Carmen
 Sobre os resultados das medidas de seguimento e control que está a tomar a Xunta de Galicia para lle facer fronte ao problema da avespa velutina

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023​

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina