saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 21 de novembro de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 21 de novembro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de novembro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.     Textos Lexislativos

 

1.1Debate e votación do Ditame, elaborado pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre o Proxecto de lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia (doc. núm. 53884, 11/PL-000024)
 

Publicación Ditame da Comisión e mantemento de emendas e votos particulares, BOPG n.º 593, do 13.11.2023

 

1.2Debate de totalidade do Proxecto de lei da calidade alimentaria de Galicia (doc. núm. 59988, 11/PL-000025)
 Publicación e asignación á Comisión, BOPG n.º 565, do 20.09.2023
 

Publicación de emendas á totalidade BOPG n.º 585, do 25.10.2023

 

Punto 2.Comparecencia
  
2.162226 (11/CPP-000146)
 Da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, por petición propia, para informar sobre igualdade e loita contra a violencia de xénero
  
Punto 3.Mocións
  
3.162144 (11/MOC-000182)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia
 Sobre os servizos de transporte escolar (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 60841, publicada no BOPG 578, do 11 de outubro de 2023, e debatida na sesión plenaria do día 7 de novembro de 2023.)
  
3.262145 (11/MOC-000183)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo
 Sobre a contratación do servizo de transporte público (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 52097, publicada no BOPG 478, do 5 de abril de 2023, e debatida na sesión plenaria do día 7 de novembro de 2023.)
  
3.362146 (11/MOC-000184)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre a atención á saúde mental no Sistema público de saúde (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 59152, publicada no BOPG 561, do 13 de setembro de 2023, e debatida na sesión plenaria do día 7 de novembro de 2023.)
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.157950 (11/PNP-004663)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para avanzar na erradicación da violencia sexual
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023
  
4.258152 (11/PNP-004684)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
 Sobre as medidas que debe demandar a Xunta de Galicia ao Goberno central co obxecto de resolver os problemas xerados polo proceso de transición derivado do peche da central térmica das Pontes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 30.08.2023
  
4.360354 (11/PNP-004865)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sobre a proposta de resolución que se presenta co fin de que o Parlamento de Galicia exprese o seu rexeitamento a calquera tipo de amnistía, lembre o necesario compromiso dos poderes públicos co imperio da lei e anime á adopción de acordos de Estado
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 570, do 27.09.2023
  
4.461288 (11/PNP-004954)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
 Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe demandar ao Goberno central co fin de que posibilite que a industria electrointensiva, como é o caso de Alcoa en Galicia, poida ser competitiva
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 585, do 25.10.2023
  
4.561472 (11/PNP-004973)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
 Sobre as medidas que debe poñer en marcha o Goberno galego co obxecto de afrontar a crise de produción de castaña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 588, do 02.11.2023
  
4.661808 (11/PNP-005007)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e Rodil Fernández, Olalla
 Sobre as accións que no contexto actual debe impulsar o Goberno galego en relación coa violencia machista
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 08.11.2023
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.158611 (11/INT-002734)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 3 máis
 Sobre o modelo de desenvolvemento do sector eólico en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 557, do 07.09.2023
  
5.261714 (11/INT-002857)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia e 3 máis
 Sobre a situación laboral e económica da mocidade en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 08.11.2023
  
5.361795 (11/INT-002862)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
 Sobre o estado da produtividade das rías galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 08.11.2023
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
6.162223 (11/POPX-000123)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre os pasos que deu o Goberno galego nesta lexislatura para avanzar en materia de igualdade
  
6.262224 (11/POPX-000124)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre as medidas que prevé impulsar para reducir o impacto da débeda xerada polo seu goberno nas contas públicas
  
Punto 7.Preguntas ao Goberno
  
7.156641 (11/POP-008773)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 2 máis
 Sobre cales foron as actuacións realizadas polo Goberno galego para a mellora da dotación e das condicións laborais dos cadros de persoal dos consorcios provinciais de extinción de incendios e salvamento
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 543, do 11.08.2023

 

7.262221 (11/PUP-000375)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago
 

Sobre as medidas que prevé adoptar o Goberno galego orientadas a mellorar a prestación do servizo de asistencia xurídica gratuíta

 

7.356782 (11/POP-008820)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e Ojea Arias, Eduardo
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia en relación co remate da vía de alta capacidade da costa norte
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 543, do 11.08.2023

 

7.460145 (11/POP-009412)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego do traballo desenvolvido polo Goberno central canto á emisión dos informes e das autorizacións para executar infraestruturas hidráulicas en dominio público marítimo-terrestre
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 570, do 27.09.2023

 

 

 
7.557143 (11/POP-008937)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sanz Arias, Cristina e 10 máis
 Sobre a situación en que se atopa o proxecto de Altri, en Palas de Rei (Lugo)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 548, do 22.08.2023
  
7.661944 (11/PUP-000372)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Pérez, Moisés e 6 máis
 Sobre as accións que o Goberno galego pensa realizar en defensa das persoas afectadas pola decisión da compañía Air Nostrum de denegarlles o embarque no aeroporto de Peinador o pasado 4 de novembro
  
7.761122 (11/POP-009529)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Davila, María Cristina e 2 máis
 Sobre a postura da Xunta de Galicia ante as peticións dos sindicatos relativas aos dereitos laborais do persoal docente
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 581, do 18.10.2023
  
7.861438 (11/POP-009574)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
 Sobre as solucións que pensa ofrecer o Sergas para dispor dun servizo de interrupción voluntaria do embarazo e garantir este dereito
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 588, do 02.11.2023
  
7.962153 (11/PUP-000374)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e 2 máis
 Sobre a modificación da composición do Consello Agrario Galego a través da Lei de medidas fiscais e administrativas de 2024

 

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina