saltar ao contido

Santalices participa n​o acto polo Día Mundial da Medicina de Urxencias organizado polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña e SEMES Galicia

RCP 24/05/2021

Santiago, 24 de maio de 2021.- O presidente do Parlamento de Galicia participa na iniciativa impulsada polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña e a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias-SEMES Galicia para concienciar e informar á cidadanía sobre manobras básicas de reanimación cardiopulmonar e a utilización de desfibriladores. Entre un 60 e un 80% das paradas cardiorespiratorias teñen lugar fóra dos hospitais, razón pola que o adestramento da poboación nas técnicas de reanimación resulta determinante para mellorar a supervivencia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina