Santiago, 14 de maio de 2022.- Alfonso Rueda Valenzuela tomou posesión este mediodía como presidente da Xunta de Galicia, logo da súa elección, polo Pleno da Cámara, o pasado xoves.
O acto celebrouse no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia, onde o titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, deu lectura ao Real Decreto polo que se nomea presidente da Xunta de Galicia a Alfonso Rueda Valenzuela.
Acto seguido, Rueda Valenzuela xurou o seu cargo como presidente da Xunta e tomou a palabra nun acto que contou coa asistencia de numerosas autoridades.
O Salón dos Reis quedou pequeno para acoller aos convidados que se deron cita neste acto, polo que se habilitaron outras salas e corredores desde onde se puido seguir a toma de posesión a través de pantallas instaladas ao efecto.
O acto rematou coa interpretación do Himno de Galicia.
O vídeo do acto está dispoñible no seguinte enlace:
http://mediateca.parlamentodegalicia.es/watch?id=N2E4NjhiMTUtNGQ4MS00MDUzLWJlMWYtYzM4MmQxNWI1MWY3
Saúdos, Gabinete de Comunicación.