Magdalena Barahona Martín
Zamora  1953

Licenciouse en Socioloxía pola Complutense e en 1981 especializouse en desigualadade social e demografía, continuando a súa formación de maneira continuada ata hoxe, o que a levou a pasar distintos períodos estivais como convidada na Universidade de Wisconsin entre os anos 1990 e 1995, seguidos dunha estadía dun curso completo.

En 1983 mudouse ás Illas Canarias, onde durante tres anos traballou en diferentes campos, todos eles focalizados na desigualdade e os efectos desta sobre as persoas máis vulnerables. Algúns dos seus traballos deste época inclúen o primeiro Mapa de Servizos Sociales y Menores en Tutela y Reforma del Ayuntamiento de Las Palmas, el proyecto del Fracaso Escolar en la Escuela Pública, e a súa colaboración na redacción do primeiro Plan Nacional de Drogas. En 1987, xa de volta en Vigo, elabora o estudo sobre Poblaciones Marginales y Derechos Humanos para o Goberno civil de Pontevedra ao que lle seguiran en anos posteriores a elaboración dos cursos de Axentes de Desenvolvemento local de UGT en Vigo e a primeira enquisa da muller no concello de Vigo coa que seguiu colaborando en edicións posteriores.

Vincúlase á Universidade de Vigo en 1989, onde exerce a docencia desde entón, sempre manténdose en contacto cos movementos sociais e de transformación nos que participa activamente.


Contacto:
En Marea
Foto de MagdalenaBarahona Martín
Circunscrición de A Coruña

Asistencias ós órganos parlamentarios

Pleno do Parlamento

  • Deputada na reunión do mércores, 26 de abril de 2017, ás 10:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408