Miguel Ángel Santalices Vieira
Bande  1955

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Alta Dirección, Xestión e Administración Sanitaria pola Escola d´Alta Direcció i Administració de Cataluña (EADA). Diplomado en Dirección Hospitalaria e en Sanidade e máster en Saúde Pública. Diploma de directivo da Xunta de Galicia. Funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala Saúde Pública e Administración Sanitaria. Foi director de ambulatorios da área de Vigo, director xerente dos hospitais de Vigo e Ourense e director do Hospital Psiquiátrico de Toén.

Membro do Comité de Dirección, do Comité Executivo do Partido Popular de Galicia e do Comité Executivo Provincial do PP de Ourense, e secretario executivo de Servizos Sociais.

Deputado no Parlamento de Galicia desde a V Lexislatura. Foi vicepresidente da Cámara na V e VIII lexislaturas, portavoz de Sanidade na VI e VII lexislaturas, vicepresidente do Parlamento de Galicia e portavoz de Sanidade do Grupo Popular na IX Lexislatura ata a súa elección como presidente do Parlamento de Galicia, o 26 de xaneiro de 2016.

Presidente do Parlamento de Galicia na X Lexislatura.


Contacto:
Partido Popular
Foto de Miguel ÁngelSantalices Vieira
Circunscrición de Ourense

Asistencias ós órganos parlamentarios

Mesa do Parlamento

  • Presidente do Parlamento na reunión do martes, 28 de febreiro de 2017, ás 10:30
  • Presidente do Parlamento na reunión do luns, 06 de marzo de 2017, ás 18:30
  • Presidente do Parlamento na reunión do martes, 14 de marzo de 2017, ás 10:30
  • Presidente do Parlamento na reunión do luns, 20 de marzo de 2017, ás 18:30

Xunta de Portavoces

  • Presidente do Parlamento na reunión do martes, 28 de febreiro de 2017, ás 11:30
  • Presidente do Parlamento na reunión do martes, 14 de marzo de 2017, ás 11:30

Pleno do Parlamento

  • Presidente do Parlamento na reunión do martes, 07 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Presidente do Parlamento na reunión do mércores, 08 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Presidente do Parlamento na reunión do martes, 21 de marzo de 2017, ás 10:00
  • Presidente do Parlamento na reunión do mércores, 22 de marzo de 2017, ás 10:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408