Logo do parlamento en forma de abanico Parlamento de Galicia

 

Lexisla con Nós

Proxecto de lei de portos de Galicia

09/11/2017 10:13
Proxecto de lei de portos de Galicia (10/PL-000005)

Documentos relacionados:

Opinións

1 - Escrito por Ada Iglesias Carballo o 22/01/2018 13:47

Antes de inmiscuirnos na ánalise da Lei 6/2017 do, 12 de decembro, de Portos de Galicia (de aquí en adiante ‘Lei de portos’) cómpre facer unha breve aproximación ao concepto de técnica normativa. Trátase dun concepto amplio que se preocupa da boa redacción das normas. Esta disciplina pretende establecer os criterios desexables para a construcción xeral do ordenamento xurídico, e en concreto da correcta redacción das normas e dos preceptos xurídicos. Trátase dun concepto máis amplio que o de ‘técnica lexislativa’ (aínda que subsiste certo problema terminolóxico). A técnica normativa é indispensable nun Estado de Dereito para garantir a seguridade xurídica. Os criterios dos que se debe partir para analizar a citada lei están recollidos no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de outubro de 2014 polo que se aproban as Directrices de técnica normativa. Son vías para a simplificación e mellora da calidade normativa, e cando non son respectados, créase inseguridade xurídica: o Tribunal Constitucional pódese acabar convertindo nun lexislador creativo (en vez de negativo), suplantando a labor do Parlamento e difuminando a separación de poderes característica do noso Estado. Para comenzar o examen da Lei de Portos fixareime en primeiro lugar na súa división. En primeiro lugar sitúase o Título da disposición. Sígueo a Exposición de Motivos (coas súas respectivas subdivisións: I, II, III, IV); un Título Preliminar (dividido en tres capítulos), Título I (dividido en dous capítulos e a súa vez en seccións- o primeiro capítulo en seis), Título II (dividido en catro capítulos), Título III (dividido en dous capítulos- o primeiro subdividido en dúas sección e o segundo en cinco), Título IV (dividido en cinco capítulos- o cuarto dividido en tres seccións), Título V (dividido en dous capítulos), Título VI (dividido en catro capítulos). E para rematar a parte final da lei: sete disposicións adicionais, oito disposicións transitorias, uhna disposición derogatoria, dúas disposicións derradeiras e anexos. Esto axústase aos parámetros da técnica lexislativa, xa que o contido está ordenado dunha forma lóxica e clara e que facilita a identificación dos conceptos. Comencemos polo Título. Está redactado de forma comprensible, clara e concisa, que fai fácil identificar o seu contido, e reflicte con exactitude a materia regulada. De non ser así, os cidadáns perden seguridade xurídica como destinatarios das normas. A continuación consta a parte expositiva da norma: a Exposición de Motivos. Con anterioridade á mesma pode constar tamén un índice, pero na lei obxecto de análise non é necesario xa que non se trata dunha disposición especialmente complexa. A Exposición de Motivos, debido á súa extensión, está dividida en catro apartados (adecuadamente, con números romanos). Aquí constan os antecedentes e a necesidade desta lei. Alude aos principios constitucionais que fundamentan a súa elaboración e menciona tamén a lei anterior, a Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia. No último apartado (III), explica a estrutura da nova norma, factor que aporta claridade e concreción á lei. No Título Preliminar recóllense as Disposición Xerais, nas que se recollen o obxecto, o ámbito de aplicación e as pertinentes definicións (‘porto marítimo’, ‘instalación marítima’, ‘instalacións portuarias’, etc) de conformidade con que dispón o Acordo de 30 de outubro sobre Directrices de Técnica Normativa. A continuación analizamos a parte dispositiva. Aquí, o artículo, como en tantas outras leis, é a unidade básica. O articulado neste caso divídese en títulos, capítulos e seccións (non constan subseccións nin tampouco libros, xa que esta lei non é tan extensa como para necesitalo). A división en títulos encontra xustificación en que existen disposicións con partes claramente diferenciadas: Organización Portuaria de Galicia (Tít I); Planificación, ordenación, obras, ambiente e seguridade (Tít II); De dominio público portuario (Tít III); De portos deportivos e de zonas portuarias de uso náutico-deportivo (Tít IV); Réxime xeral de prestación de servizos e do desenvolvemento de actividades comerciais, industriais e doutra natureza dos portos (Tít V); Regulamento de explotación e policía, potestades de inspección e seguridade e réximen de sancións (Tít VI). En canto á división en capítulos, aínda que non é obrigada, faise por razóns sistemáticas. Os capítulos teñen un contido homoxéneo, e deben constar con números romanos seguidos dun título. As seccións están correctamente numeradas por números arábigos en feminino, seguidas do seu correspondente título. Síguense tamén os criterios en relación á redacción dos artigos. Están ordenador de forma lóxica, a idea central está no primeiro parágrafo e a continuación fanse as especificación procedentes (un exemplo desto é o art. 127. No seu primeiro apartado establece a atribución da inspección e vixilancia das actividades á entidade Pública Empresarial Portos de Galicia, e nos seguintes determina quen deberá levar a cabo estas funcións e as obrigas das persoas titulares das concesións e autorizacións). Están debidamente enumerados con cardinais arábigos, e seguen una orden correlativa e unha serie única sin alteracións. Quizais sí se pode observar certo exceso de extensión en algún (como pode ser, por exemplo, o caso de art. 119, que ten ata catorce parágrafos) otorgando certa complexidade. Os artigos están dotados, en xeral, do necesario contido normativo, obviando o uso de cláusulas abertas. Abordamos a continuación a ánalise da parte final. O criterio na redacción desta parte debe ser restrictivo. Para a elaboración das disposicións nesta parte hai que ter en conta que o contido transitorio debe prevalecer sobre os demais, que o derogatorio prevalece sobre o final e o adicional e que o final prevalece sobre o adicional. En canto ás disposicións adicionais (sete, neste caso) e inclúen, en primeiro lugar réximenes xurídicos especiais que non poden estar no articulado. Implican a creación de normas reguladoras de situacións xurídicas distintas ás previstas na parte dispositiva; excepcións, dispensas e reservar á aplicación da norma (non existen neste caso); mandatos ou autorizacións non dirixidos á producción das normas xurídicas (uso restrictivo, neste caso tampouco constan); e preceptos residuais. As disposicións transitorias, en cambio, refírense a situación xurídicas anteriores e establecen as normas necesarias para facilitar a aplicación da nova lei (neste caso son oito). Para redatalas, débense examinar os problemas de transitoriedade, e hai que ter en conta que o seu uso é restrictivo. A continuación figuran as disposicións derrogatorias, neste caso unha. E por último constan as disposicións derradeiras, que modifican o dereito vixente. Neste caso a primeira é unha autorización dirixida ao Consello da Xunta para a o desenvolvemento dos pertinentes reglamentos, e a segunda trátase dunha regra sobre a entrada en vigor da lei. Aquí sí que quizais se debe facer unha crítica, xa que no mencionado acordo sobre Directrices de Técnica Lexislativa alúdese a que a fórmula de que ‘entrará en vigor o día seguinte da súa publicación’ débese reservar para cando a norma deba entrar en vigor de maneira inmediata. Se non, a fórmula correcta é fixar a data sinalando o día, o mes e o ano. O único anexo adxuntado estao de maneira correcta, xa que se fai despois de dous espazos en branco correspondentes á data e ás sinaturas. Neste caso inclúe unha táboa co relación de portos e instalacións marítimas da Comunidade Autónoma de Galicia. Por último, débese facer alusión aos criterios lingüísticos que se seguiron para elaborar esta lei. Pódese apreciar en xeral un linguaxe culto, pero á súa vez accesible ao cidadán medio. A redacción dos artigos e clara, de fácil comprensión, sinxela, concisa, e precisa pero sen embargo empréganse os termos técnicos pertinentes cando procede. Estos termos están adecuadamente recollidos nas definicións da Exposición de Motivos. Existe tamén coherencia terminolóxica ao longo do texto e estrutura gramatical concreta, sinxela, e directa. Non se aprecian aspectos sexistas do uso da linguaxe e os signos ortográficos están utilizados correctamente.

2 - Escrito por María Bolaño Cabaleiro o 31/12/2017 16:41

Cando falamos de técnica normativa estamos a falar dun mecanismo de control da calidade da lexislación e os textos legais. É importante, por tanto, analizar os proxectos de lei dende o prisma da técnica normativa para garantir o principio de seguridade xurídica das normas. Para comezar, cabe falar da identificación da norma. Neste caso, a disposición ten un nome de carácter xeral, “proxecto de lei de portos”, xa que o se pretende con este texto é realizar unha necesaria refundición da lexislación extremadamente dispersa existente sobre unha materia tan importante coma son os portos na nosa comunidade autónoma. É importante destacar que se trata dunha norma específica e axeitada á nosa comunidade autónoma: non se trata dun mero calco doutras leis estatais ou autonómicas, e atende á dispersión característica dos portos dentro dunha comunidade costeira como é a nosa. A maiores, esta iniciativa refírese exclusivamente ós portos galegos, o que fai axeitado cualificala de “lei de portos de Galicia”. Non obstante, é importante destacar que esta lei non será de aplicación en absolutamente todos os portos galegos, xa que esto podería ocasionar problemas de competencia co estado español de acorde ó artigo 149.1.20 da Constitución Española (xa que ten a competencia exclusiva dos portos denominados de interese xeral), e que ademáis os portos ós que se aplicará están listados claramente na lei nun anexo ó final da mesma. É, por tanto, relevante, que na exposición de motivos da propia lei se faga referencia explícita a este feito. Tamén, debido á existencia dun listado e non un criterio obxectivo (como número de usuarios ou superficie), quedan fóra os portos de localidades máis pequeñas, características da configuración xeográfica de Galicia. Dende o punto de vista estrutural, este Proxecto consta dun índice, un título preliminar, seis títulos divididos nun mínimo de dous capítulos cada un, sete disposicións adicionais, oito disposicións transitorias, unha disposición derogatoria e dúas disposicións finais. Atopámonos ante unha regulación moi extensa, que en total consta de 147 artigos, xa que, como foi mencionado antes, pretende regular todo o relacionado cos portos competencia da nosa comunidade autónoma. Para axudar á xestión de todo o relacionado con planificación portuaria e xestión de portos créase unha entidade pública empresarial denominada Portos de Galicia, e se lista a súa estrutura e as súas funcións. É relevante destacar que no título I, capítulo IV, se presentan unha serie de prohibicións en materia de vertidos nas instalacións portuarias, facéndose referencia, tamén, á necesidade de cobertura de custos no caso de que estes se producisen. Neste capítulo debería facerse referencia á normativa ambiental relativa ás sancións ou ben listar estas sancións de forma directa, para aclarar así as posibles consecuencias destas conductas. Cabe a maiores falar da redacción deste texto legal. Como moitos outros textos dentro do marco lexislativo galego, é evidente que gran parte do texto, por non decir todo, foi traducido do castelán, como evidencia a presencia de expresións coma poden ser “tal cualificación xurídica”. É tamén importante destacar a presencia de parágrafos excesivamente longos que dificultan a comprensión do texto, como por exemplo, o artigo 98. Estos parágrafos longos adoitan presentar tamén problemas no uso das comas (que neste caso poderían sustituirse por unha serie de epígrafes para facilitar a comprensión), pero non é un problema exclusivo de éstes, podemos aprecialo en frases máis curtas, como no art. 138.2: “se poderá acordar a suspensión da actividade autorizada, por periodos de un, seis ou doce meses, segundo se trate, respectivamente, de infraccións leves, graves ou moi graves”. É necesario utilizar frases máis simples e claras, ou incluso proceder a unha realización de apartados, para facilitar a comprensión de cara non só de cara ós cidadáns, senón tamén os encargados da aplicación da lei. Tamén existen varias fallas ortográficas importantes no Anexo de portos ós que se aplica á lei (Quenxe está escrito completamente en maiúsculas), dentro do índice (o título V ten dos capítulos II) e existen inconsistencias na forma de capitalización das leis mencionadas dentro do texto. É así mesmo relevante destacar de cara á publicidade das normas un defecto na súa publicación dentro do Boletín Oficial do Parlamento: ó tratarse dun documento escaneado coas súas imaxes pegadas no PDF, é imposible proceder á realización de búsquedas dentro do propio texto, dificultando o seu uso. Sen perxuicio disto, a pesar dos errores mentados, o texto cumple a súa función pretendida: dotar dunha regulación xeral ós portos galegos competencia da nosa comunidade autónoma.

3 - Escrito por Araceli Vilar Rebolo o 28/12/2017 22:37

Técnica normativa sobre o Proxecto de Lei de Portos de Galicia. Araceli Vilar Rebolo Previo o ánalise do proxecto de lei que nos ocupa, é necesario entender qué é a técnica normativa. Trátase dun concepto aberto, que parte do principio fundamental de seguridade xurídica en relación cos principios que enuncia a Carta Magna no artigo 9.3. Enténdese dende dúas perspectivas: a primeira, versa sobre os criterios desexables da construción xeral do ordenamento xurídico; a segunda, sobre unha boa redacción da norma concreta e dunha correcta enunciación dos preceptos xurídicos. A técnica normativa inclúe a calidade das leis, que de forma xeral se preocupa pola utilización da lingua e uso dos termos gramaticais e sintácticos de forma correcta. A lei inclúe o título da disposición, unha parte expositiva denominada “Exposición de motivos”, unha parte dispositiva na cal se inclúe o articulado e unha parte final coas correspondentes disposicións. O título da disposición é a “Lei de Portos de Galicia”, diferente a outras disposicións en vigor e identifica o tipo de disposición. O nome indica correctamente o contido e obxecto da disposición, que neste caso é a regulación dos portos de Galicia. Desta maneira, identifícase correctamente e permite facerse unha idea do seu contido de maneira clara e precisa, pero sin adiantar importantes aspectos que son obxecto da regulación. A función da parte expositiva é describir o contido, obxecto e finalidade da disposición. Debe conter os antecedentes e competencias que permite a súa elaboración. Comeza enunciando a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do seu ámbito territorial en materia de portos non cualificados de interese xeral polo Estado, de portos de refuxio e portos deportivos, así como a competencia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación estatal para portos pesqueiros. Todo isto de conformidade ó establecido na Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia. Por outro lado, dedícase de boa maneira a expor a necesidade de regulación de Portos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. A continuación, encontrámonos coa parte dispositiva, formada por un título preliminar coas disposicións xerais e divídese en capítulos (I,II,III). Séguenlle os restantes títulos (I,II,III, IV,V,VI) dividos á súa vez en capítulos e as súas correspondentes seccións. Os títulos van correctamente numerados en números romanos, ao igual que os capítulos, mais estes levan enunciados un título. As disposicións xerais conteñen o obxecto da lei e o ámbito de aplicación, que se encontran perfectamente plantexados e definidos. Tamén a determinación dos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e as correspondentes definicións que facilitan a comprensión de termos que se conteñen na lei e os principios xerais que van rexir as actividades reguladas na presente lei. Todo isto encontrase correctamente ordenado. Continuando coa parte dispositiva, encontramos o articulado que se compón dun total de 148 artigos. É a unidade básica da lei, e por iso é importante que os artigos conteñan un tema cada un, ordenado de forma lóxica e, de ser necesario, que se compoña de varios parágrafos enumerados. Teñen contido normativo, e evitan as epxresións amplas, que conduzan á arbitrariedade. Están todos numerados con cardinais arábigos, cos seus títulos correspondentes que indican a materia sobre a que versan. Así mesmo, non son artigos que resulten longos en exceso. Finalmente, a lei ten unha parte final, dividida en disposicións que respectan a orde correspondente: adicionais, transitorias, unha disposición derrogatoria e disposicións derradeiras. Sobre esta parte rixe un criterio restritivo, polo cal só se incúen preceptos que respondan aos criterios que a definen; aínda que as adicionais poden conter regras que non poidan situarse no articulado. As disposicións adicionais regulan rexímenes xurídicos especiais que non poden situarse efectivamente no articulado, coa orde: territorial, persoal, económico e procesual; excepcións á aplicación da norma ou algún precepto; mandatos e autorizacións non dirixidos á producción de normas xurídicas; e preceptos residuais. As disposicións transitorias pretenden facilitar o tránsito do réxime xurídico previsto pola nova regulación. A través destas oito disposicións, delimítase de forma precisa a aplicación temporal e material de cada unha delas. A disposición derrogatoria única regula de maneira precisa e expresa aquelas normas que se ven derogadas dentro do dereito vixente en virtude da que nos ocupa. As disposicións derredeiras inclúen en primeiro lugar unha habilitación ao Consello de Galicia para o desenvolvemento regulamentario da lei, e en segundo lugar unha cláusula de entrada en vigor na que se sinala que será aos seis meses da súa publicación no “DOGA”. Desta maneira, a vacatio legis permite o coñecemento material da norma. Finalmente hai un anexo no que se enumeran os portos e instalación marítimas que son competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; isto é, a relación de bens respecto dos cales hai que concretar a aplicación das disposicións da lei. En canto os criterios lingüísticos, hai que ter presente que o destinatario das normas xurídicas é a cidadanía, polo cal a redacción debe ser cun linguaxe culto pero accesible ao cidadán medio. Por iso, cunha lectura da lei pódese afirmar que é clara, de fácil comprensión, sinxela e concisa, á vez que precisa e cun léxico común; mais empregando termos técnicos cando é necesario, para o que se pode axudar coas definicións das disposicións xerais. A redacción da lei procura evitar o uso de extranxeirismos en prol de equivalente das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Mantén unha terminoloxía unitario ao longo do texto e garda por tanto unha coherencia; co fin de evitar ambigüedades, contradiccións ou dúbidas a través da claridade expresiva e estructura gramatical correcta e próxima ao nivel común. Predominan as frases en sentido positivo, procurando evitar no posible as de sentido pasivo e negativo. Procúrase coidar a propiedade lingüística e evítase correctamente a pobreza de expresión, sen que sexan moi xerais con preferencia de termos precisos e sen redundancias e reiteracións excesivas. En canto ós signos ortográficos, ao contribuir de forma decisiva ó sentido das frases, pódese comprobar que se colocan de forma debida e o uso de maiúsculas restrínxese en tanto isto é posible, cunha boa relación coas minúsculas. Tamén destácase o bo uso das normas ortográficas. Hai unha boa concordancia de xénero e número nos diferentes elementos das oracións, especialmente entre o suxeito e o verbo. Como reflexión final cabe destacar que a pesar do disposto na exposición de motivos, é posible que se interpoña recurso de inconstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional polo disposto no artigo 132 CE sobre a competencia estatal do dominio público portuario.

4 - Escrito por Mónica Campos Reboredo o 28/12/2017 20:20

No seguinte traballo imos analizar o Proxecto de Lei de Portos de Galicia para saber si respecta a técnica normativa. En primeiro lugar, para introducirnos neste tema, cabe definir o que se entende por “técnica normativa” a cal é unha parte do Dereito Parlamentario que ten como obxecto de estudo o coñecemento dos pasos que se adoptan para a elaboración e adecuada reacción das leis en xeral e das disposicións normativas parlamentarias, así como para as súas reformas ou enmendas. Ademais de proporcionar seguridade xurídica. Neste caso, analizaremos estas técnicas, en relación, ao Proxecto de Lei de Portos de Galicia. Este Proxecto de lei foi aprobado polo Parlamento de Galicia o día 4 de decembro de 2017. Este Proxecto de Lei está organizado en cinco títulos, que comprenden 147 artigos, sete disposicións adicionais, oito disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e dúas disposicións finais. En canto aos anexos, esta disposición contén un único anexo. Ao principio aparece determinado o tipo de disposición, estamos ante un Proxecto de Lei, despois aparece o nome, este indica o obxecto da disposición, polo que nos facemos unha idea do contido exacto para cada suposto. Tamén vemos que a expresión que define o título está colocada de forma centrada e en maiúsculas, polo que non se aprecia ningunha contradición coa técnica lexislativa. Observamos que este proxecto de lei ten un índice, este ten que ir posto despois do título e antes da parte dispositiva. A parte dispositiva vainos permitir coñecer mellor a estrutura da disposición, tendo en conta a súa extensión. A disposición prosigue coa exposición de motivos. Nos anteproxectos de lei, a parte expositiva denomínase «exposición de motivos» e débese inserir así no texto correspondente, colocando a citada expresión centrada no texto e escrita con letras maiúsculas. Todos os anteproxectos de lei deberán levar exposición de motivos, ademais do resto da documentación ou dos antecedentes que a súa natureza particular esixa. Nas demais disposicións non se titulará a parte expositiva. A función da parte expositiva é a de describir o contido da disposición, indicando o seu obxecto e finalidade, os seus antecedentes e as competencias e habilitacións en cuxo exercicio se dita, facendo mención á incidencia que poida ter na normativa en vigor, con especial atención aos aspectos novos. O articulado desta norma divídese en seis títulos, cada un deles subdividido en capítulos: o título preliminar refírese a disposicións xerais, divídese en tres capítulos e a súa vez o capítulo un fragmentase en seccións. O título I refírese a organización portuaria de Galicia, divídese dous capítulos; o título II trata a planificación, ordenación, obras, medio ambiente e seguridade e divídese en catro capítulos; o título III refírese ao dominio público portuario e atópase dividido en dous capítulos; o capítulo IV fala sobre os portos deportivos e as zonas portuarias de uso náutico, estruturándose en catro capítulos. O capítulo V fala sobre o réxime xeral da prestación de servizos e do desenvolvemento de actividades comercial, industriais ou doutra natureza nos portos e divídese en tres capítulos; o capítulo VI versa sobre o regulamento de explotación e policía, potestades de inspección e seguridade e réxime das sancións dividido en catro capítulos. Unha vez analizada a parte dispositiva, temos que proseguir co articulado. Está composta por cento corenta e sete artigos. Podemos definir ao articulado como esa unidade básica de toda disposición normativa, polo que debe aparecer sempre, calquera que sexa a extensión do texto podéndose dividir en libros, título, capítulos, seccións e subseccións. Este articulado está formado por seis títulos, están numerados con números romanos seguidos do nome correspondente. Os títulos están compostos polos capítulos que se estimen convenientes, estes tamén deben estar numerados con números romanos acompañado dun título. A divisións en capítulos debe facerse por razóns sistemáticas e en ningún momento en función da extensión da disposición. Os artigos que forman esta disposición levan un título, o cal, indica precisamente o seu contido ou a materia á que se refiren. Na parte inferior do título, a continuación do mesmo, aparece en minúsculas o contido do artigo, exceptuando a maiúscula inicial e as que procedan polas regras ortográficas, sen subliñado, nin cursiva nin grosa. A numeración dos artigos e ao contrario da numeración dos títulos, este realízase mediante números cardinais arábigos, dende o 1 neste caso 147, sen interromper a numeración en ningún caso. Os artigos deberán levar un título ou epígrafe, non pode repetirse o mesmo título ou epígrafe en distintos artigos dunha mesma disposición. Este título ou epígrafe indica con precisión contido ou a materia á que se refiren os artigos. Os artigos non deben ser excesivamente longos intentando non superar en máis de catro os números cardinais arábigos nos que se subdividen os artigos no caso de que a súa complexidade así o requira. Neste caso atopamos outra contradición coa técnica normativa. Uns exemplos de artigos demasiado extensos serían o do artigo 118 con catorce números ou o artigo 115 integrado por nove números. Os criterios orientadores básicos na redacción dun artigo son os seguintes: cada artigo, un tema; cada parágrafo, un enunciado; cada enunciado, unha idea. Esta regra da técnica lexislativa cúmprese. A información dos artigos debe ordenarase de forma lóxica, isto é, a idea central indicarase nun primeiro parágrafo seguido dos estritamente necesarios para expresar as especificacións que procedan. Debe procurarse que o artigo constitúa unha unidade de sentido completa, de maneira que para comprendelo non sexa necesario recorrer ao artigo anterior nin ao posterior. Deben dotarse ós artigos de contido normativo, obviando motivacións ou explicacións cuxo lugar axeitado é a parte expositiva da disposición. Tampouco deben conter desexos, intencións, declaracións nin formulacións innecesarias ou carentes de sentido. A parte final das normas divídense nas seguintes clases de disposicións e nesta orde, que se deberá respectar sempre: disposicións adicionais, disposicións transitorias, disposicións derrogatorias, disposicións derradeiras. Este requisito cúmprese. Está dividida en sete disposición adicionais, oito disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e dúas disposicións finais. Na parte final das leis só se incluirán os preceptos que respondan aos criterios que a definen. A función das disposicións adicionais é incorporar aquelas regras que non poidan incluírse no articulado sen afectar a súa coherencia e a unidade interna. A función das disposicións transitorias é a de facilitar o tránsito ao réxime xurídico previsto pola nova regulación. O encargado de redactar a norma terá que examinar sempre os problemas de transitoriedade que a entrada en vigor da disposición poida orixinar. Polo tanto, as disposicións transitorias deben utilizarse con carácter restritivo e deberá delimitarse de forma precisa a aplicación temporal e material da disposición transitoria correspondente. As disposicións derrogatorias conterán unicamente as cláusulas de derrogación do dereito vixente, que deberán ser precisas e expresas, evitando que sobrevivan no ordenamento xurídico diversas normas co mesmo ámbito de aplicación. Este proxecto de lei deroga a Lei 6/1987, do 12 de xuño, do Plan Especial de Portos da Comunidade Autónoma de Galicia e a Lei 5/1994, do 29 de novembro, de Creación de ente público Portos de Galicia. As dúas disposicións finais teñen por misión conter preceptos que modifican o dereito vixente, cando a modificación non sexa obxecto principal da disposición, as cláusulas de salvagarda do rango de certas disposicións ou de competencias alleas, as regras de supletoriedade, etc. Polo tanto non atopamos ningunha contradición coa técnica normativa, xa que todas as disposicións cumpren a súa función. Neste Proxecto de Lei hai un anexo. O anexo desta disposición non infrinxe a regra que dispón a técnica normativa de que os anexos deben estar numerados en números romanos xa que so hai un e polo tanto non ten que ir numerado. Está titulado coa denominación “Portos e instalacións marítimas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia” o que indica perfectamente o obxecto do anexo. Na parte dispositiva da norma haberá sempre unha referencia clara e expresa ao anexo. O anexos deberá figurar a continuación dos espazos en branco correspondentes á data e á sinatura ou sinaturas. O contido dos anexos é: conceptos, regras, requisitos técnicos, gráficos, planos, táboas, series numéricas e outros elementos que non poidan expresarse mediante a escritura; relacións de persoas, bens, lugares, etc., respecto dos cales haxa que concretar a aplicación das disposicións do texto; acordos ou convenios que o texto dota de valor normativo; outros documentos que, pola súa natureza e contido, deban integrarse na disposición como anexo En conclusión como analizamos anteriormente este Proxecto de Lei cumpre coa maioría das regras de técnica lexislativa. Atopando como contradicións a extensión de varios artigos, anteriormente mencionados e a escritura de algunhas expresións.

5 - Escrito por Noemi Canabal Caballero o 28/12/2017 13:54

OPININON SOBRE TECNICA NORMATIVA DEL “PROYECTO DE LEY DE PUERTOS DE GALICIA” En el presente comentario se analizará la técnica normativa del “Proyecto de Ley de puertos de Galicia”. La técnica normativa en base al artículo 9.3 de la Constitución Española, tiene como objetivo constituir un ordenamiento jurídico correctamente estructurado e integrado por normas apropiadamente formuladas para así garantizar el principio de seguridad jurídica. Este texto fue aprobado el día 3 de agosto de 2017 por el Consello de la Xunta remitiéndose posteriormente al Parlamento de Galicia para su tramitación, pasando de ser un “Anteproyecto de Ley” a un “Proyecto de Ley”. De acuerdo con los artículos 148.1. 6º y 149.1. 20º de la Constitución Española, es una ley formulada dentro del ámbito de competencias exclusivas que pertenecen la Comunidad Autónoma de Galicia. De acuerdo con las Directrices de técnica normativa, el “Proyecto de Ley de puertos de Galicia” se estructura en las siguientes partes; primero el Título de la disposición, “Proyecto de Ley de puertos de Galicia”, posteriormente tenemos la Parte Expositiva que contiene la exposición de motivos, es el texto previo a la ley donde se desarrolla brevemente su contenido donde se motiva y se fundamenta. Ulteriormente, esta la parte dispositiva donde esta el articulado, este texto se compone de 147 artículos. Para terminar tenemos la parte final, que consta de 7 disposiciones adicionales, de 8 disposiciones transitorias, de una única disposición derogatoria, y de disposiciones finales. TITULO DE LA DISPOSICION La disposición que se desarrolla en este texto se trata de un Proyecto de Ley. El nombre del título es “Proyecto de Ley de puertos de Galicia” que identifica clara y concisamente el objeto de la disposición y refleja con exactitud y precisión la materia regulada en la misma. PARTE EXPOSITIVA Este apartado recoge la “exposición de motivos”, su disposición en el texto es correcta de acuerdo con los criterios de técnica normativa ya que al tratarse de una disposición extensa se encuentra posteriormente al índice. La parte expositiva tiene como propósito describir el contenido de la disposición, su objeto y finalidad, sus antecedentes, las competencias y habilitaciones. La exposición de motivos no suele ser extensa, a menos que debido a la dificultad de su contenido sea necesario. De acuerdo con los criterios de técnica normativa, por un lado, la exposición de motivos esta formulada correctamente, puesto que no incluye contenidos de la parte dispositiva, y por otro lado la división de las cuatro partes de la exposición de motivos esta representada por números romanos centrados en el texto. En el primer punto de la exposición de motivos, se recoge la regulación del ámbito competencial de los Puertos de Galicia. En el segundo apartado se establece que la finalidad del texto es dar cumplimiento a las necesidades expuestas y al mandato establecido en el Estatuto de Galicia. Nos encontramos ante un sector de especial relevancia puesto implica directa e indirectamente el 60,70 % de la población de las provincias de Coruña, Pontevedra y Lugo. Los puertos han evolucionado de ser un ámbito exclusivo de pesca a convertirse en complejos industriales. En la actualidad en los puertos de Galicia se llevan a cabo actividades diversas, por todo ello se estima que es necesario un órgano especifico que se encargue de la Administración Portuaria y asuma la función de regulación de las actividades portuarias. En el punto número tres se expone la estructura de la ley y se analiza brevemente el contenido del Título preliminar y de los siguientes seis Títulos y de los Capítulos que contiene cada Título. En último apartado, la cuarta exposición de motivos analiza el contenido de las disposiciones adicionales, disposiciones transitorias, disposición derogatoria y las disposiciones finales. PARTE DISPOSITIVA Este apartado se ordena en disposiciones generales, parte sustantiva y parte procedimental. El articulado del presente texto se divide en Títulos, Capítulos y Secciones. El artículo es la unidad elemental de toda disposición normativa, la división se hará mediante artículos independientemente de la extensión de la parte dispositiva. La información de los artículos se ordena de forma lógica, indicando en el primero la idea central y posteriormente las especificaciones que se estimen oportunas. De acuerdo con las directrices de técnica normativa en la presente ley los artículos se enumeran en cardinales arábigos, todos ellos tienen un título que indica la materia concreta a la que se refiere su contenido. Los artículos no son excesivamente largos y contienen un mandato, precepto o regla o más de una si responden a la misma temática. Cuando los artículos son especialmente complejos, se dividen en números, introduciendo especificaciones respeto de la idea central sobre la que versa el artículo, para así facilitar su comprensión. El articulado del “Proyecto de Ley de puertos de Galicia” se divide en el Título Preliminar y en seis Títulos más. El Título Preliminar, se denomina “Disposiciones Generales”, este Título se divide en tres Capítulos. El Capítulo I “Objeto y ámbito de aplicación de la Ley” comprende los artículos uno y dos. Luego, el Capítulo II “Puertos e instalaciones portuarias de Galicia”, desde el articulo tres hasta el cinco. Finalmente, en este Título tenemos el Capítulo III “Principios generales” que contiene un único artículo, el articulo seis. El Titulo uno se denomina “Organización portuaria de Galicia”, este Título se divide en dos Capítulos comprende desde el articulo seis hasta el treinta y uno. El primer Capítulo se denomina “entidad pública empresarial puertos de Galicia” que a su vez se divide en seis secciones, Sección primera “Naturaleza y funciones”, Sección segunda “Estructura administrativa, actos de la entidad pública empresarial y recursos y reclamaciones contra estos”, Sección tercera “Normas particulares de gestión y explotación”, Sección cuarta “Hacienda y patrimonio”, Sección quinta “Régimen financiero” y Sección sexta “Personal”. Este Título finaliza con el Capítulo II “Competencias de la administración autonómica”. El Titulo dos se denomina “Planificación, ordenación, obras, medio ambiente y seguridad”, está compuesto por cuatro capítulos, desde el articulo treinta y dos hasta el cuarenta y ocho. El Capítulo I “Planificación portuaria”, Capitulo II “Ordenación urbanística de puertos”, Capitulo III “Proyectos y obras” y para concluir este Título tenemos el Capítulo IV “Medio ambiente y seguridad” El Titulo tres se titula “Dominio público portuario”, esta constituido por dos Capítulos, desde el articulo cuarenta y nueve hasta el noventa y uno. El Capítulo I “Naturaleza, extensión y usos de dominio público portuario”, se divide en dos secciones, Sección primera “Naturaleza, extensión y régimen jurídico” y Sección segunda “Zona de servicios y usos portuarios”. Se cierra en Titulo con el Capítulo II “Utilización del dominio público portuario” compuesto por cinco secciones, Sección primera “Disposiciones generales”, Sección segunda “Autorizaciones”, Sección tercera “Concesiones”, Sección cuarta “Disposiciones comunes a autorizaciones y concesiones” y Sección quinta “contrato de concesión de obras públicas portuarias”. El Titulo cuarto de denomina “Puertos deportivos y zonas portuarias de uso náutico deportivo”, se compone de cuatro Capítulos, desde el articulo noventa y dos hasta el ciento nueve. El Capítulo I “Disposiciones generales”, el Capítulo II “Concesiones”, el Capítulo III “Regulación de explotación de puertos y de zonas portuarias de uso náutico deportivo” y el Capítulo IV “Régimen aplicable a las autorizaciones temporales de uso de puestos de atracada otorgado por puertos de Galicia” que se divide en tres secciones, Sección primera “Procedimiento de otorgamiento y lista de espera”, Sección segunda “Régimen de las autorizaciones” y Sección tercera “Extinción de las autorizaciones”. El Titulo quinto se titula “Régimen general de prestación de servicios y del desenvolvimiento en actividades comerciales, industriales de otra naturaleza en los puertos”, está compuesto por tres Capítulos, desde el articulo ciento diez hasta el ciento veinticuatro. El Capítulo I “Los servicios”, el Capítulo II “Los servicios portuarios” y para finalizar este título está el Capítulo III “Las actividades comerciales e industriales”. El Titulo sexto tiene como nombre “Regulación de Explotación y Policía, Potestades de inspección y seguridad y régimen de las sanciones” está compuesto por cuatro Capítulos desde el articulo ciento veinticinco hasta el artículo ciento cuarenta y siete. El Capítulo I “Regulación de explotación y Policía de puertos de Galicia”, el Capítulo II “Potestades de inspección y seguridad”, el Capítulo III “Infracciones” y para finalizar el Capítulo IV “Sanciones y otras medidas”. PARTE FINAL La parte final esta divida en, Siete disposiciones adicionales, ocho disposiciones transitorias, una disposición derogatoria y dos disposiciones finales. En las disposiciones adicionales regulan, las reglas que no se pueden situar en el articulado sin perjudicar la coherencia y la unidad interna en el texto. Este Proyecto de Ley consta de siete disposiciones adicionales. Disposición adicional primera “Sociedades mercantiles publicas dependientes de puertos de Galicia”, Disposición adicional segunda “Zona de servicio de puertos gestionado en concesión”, Disposición adicional tercera “Relación de espacios susceptibles de segregación”, Disposición adicional cuarta “Lonjas gestionadas en régimen de monopolio”, Disposición adicional quinta “Estibadores portuarios”, Disposición adicional sexta “Registro de prestadores de servicios” y Disposición adicional séptima “Perspectiva e igualdad de género” Posteriormente encontramos las disposiciones transitorias, su objetivo es facilitar el tránsito al nuevo régimen jurídico previsto por la ley. Se utilizan con carácter restrictivo y delimitan de forma precisa la aplicación temporal y material. Este texto consta de consta de ocho disposiciones transitorias. Disposición transitoria primera “Concesiones y autorizaciones vigentes a la entrada de la Ley”, Disposición transitoria segunda “Ampliación del plazo de las concesiones portuarias otorgadas por la Comunidad aroma de Galicia con anterioridad a la entrada en vigor del Real Decreto Ley 8/2014, de 4 de Julio, de aprobación de medidas urgentes para el crecimiento, competitividad y eficiencia”, Disposición transitoria tercera “Prohibiciones”, Disposición transitoria cuarta “Zona de servicio de puertos”, Disposición transitoria quinta “Régimen transitorio aplicable a Planes de Utilización de Espacios portuarios, Delimitaciones de Espacios y Usos Portuarios y Planes Directores de Estructuras”, Disposición transitoria sexta “Normas urbanísticas de aplicación directa”, Disposición transitoria séptima “Regulación de explotación y policía” y Disposición transitoria octava “Personal laboral fijo de la entidad pública empresarial Puertos de Galicia”. En cuanto la disposición derogatoria, contienen únicamente las cláusulas de derogación del derecho vigente, indican las normas o partes de ellas que se derogan como las que se mantienen en vigor. El presente texto consta de una única disposición, mediante la que se derogan la Ley 6/1987, Plan Especial de Puertos de la Comunidad Autónoma de Galicia y la Ley 5/1994, Creación de ente publico de Puertos de Galicia. Por último, tenemos las disposiciones finales que incluyen los preceptos que modifican el derecho vigente cuando la modificación no sea el objeto principal de la disposición, las cláusulas de salvaguarda del rango de ciertas disposiciones lo de competencias apenas y las reglas de supletoriedad. El texto que analizar consta de dos disposiciones finales. La Disposición final primera “Desenvolvimiento reglamentario” y la Disposición final segunda “Disposición final cuarta. Entrada en vigor”. El Proyecto de Ley analizado, por un lado, está redactado de forma clara, sencilla y precisa, por lo tanto, el contenido de la norma es comprensible para el ciudadano medio. Por otro lado, la correcta estructuración que se lleva a lo largo del texto facilita el acceso directo a la información de los diferentes apartados, por todo ello es un texto accesible para el ciudadano que requiera información sobre el ámbito que se desarrolla en el texto. Santiago de Compostela, 28 de diciembre de2017 Noemi Canabal Caballero

Últimas opinións